Olá,

Só para mencionar que o termo 'aba' é o que teño no meu Firefox, eso
si, está en pt-br. Paga a pena mencionar que outros eleccións de
termos non concordan. Así eu teño 'Favoritos' no canto de
'Marcapáxinas'.

Saúdos cordiais (e noraboa pola gran actividade),
Roberto

2008/5/20 Antón Lado <reversow en reversoweb.com>:
> Entendo que a similitude semántica de "aba" con este tipo de
> funcionalidade é un pouco rebuscado. No entanto, houbo neste estreito
> período localizador varias propostas para denominar o termo TAB.
> Entre os palabros que se barallaron ("tab" saíu xa nesta mesma rolda
> hai preto dun ano, pero tamén noutras e noutros "foros" de
> localización de sóftware) estaban SEPARADOR ou DIVISOR, LINGÜETA,
> PESTANA, SOLAPA e LAPELA, entre outras.
>
> Se facemos un pequeno traballo de documentación inicial atoparémonos
> co significado orixinario do termo TAB e de como chegou á
> informática. Neste caso, unha imaxe vale máis ca mil palabras, e a
> ligazón que enviou anteriormente Mar, ben o ilustra, non?
>
> De todas as formas galegas que temos a máis solidaria coas outras
> linguas romances do contorno sería a forma PESTANA, que é a forma que
> utilizan tamén o catalán (PESTANYA, recollido no Termcat) e o español
> (PESTAÑA, supoño que dunha ampliación semántica da acepción "Parte
> saliente y estrecha en el borde de alguna cosa; como en la llanta de
> una rueda de locomotora, en la orilla de un papel o una plancha de
> metal, etc.").
>
> A harmonización coas demais linguas romances é un principio para a
> neoloxía, pero non só, normativamente a RAG (a través das súas
> "Normas ortográficas..." recomenda acudir ao portugués como fonte
> principal de harmonización terminolóxica, polo que o termo SEPARADOR
> ou DIVISOR sería o correspondente, malia ter un significado demasiado
> xenérico. Supoño que este sería o criterio seguido polo Termigal á
> hora de sancionar como preferente esta forma nos programas
> localizados até o de agora.
>
> A forma LAPELA tivo moito éxito no seu día e, se non recordo mal, foi
> a utilizada para a primeira localización do navegador Opera,
> realizada por Galego21. Semánticamente é tamén próxima dada a
> acepción "s f   Parte dunha cousa que queda sobreposta a outra á que
> cobre parcialmente."
>
> De todas estas competidoras, a que sobrevive hoxe nas aplicacións é
> SEPARADOR (cremos que con bo criterio normativo) pero sempre dentro
> do campo semántico dos navegadores (sexan web ou sexan de sistema
> operativo). Parece tamén plausible considerar formas coma LAPELA ou
> PESTANA como formas sinónimas e para funcións que se puidesen
> considerar similares.
>
> Saúdos
> Antón Lado
>
> PD. Perdoade pola extensión da msx.
>
>
> Aquí abaixo podedes ver as diferentes acepcións semánticas recollidas
> dalgúns dos principais dicionarios galegos.
> --------
>
> LINGÜETA
>
>  lingüetas.f. 1. Peza do calzado, de coiro ou doutro material
> semellante, que protexe a parte superior do
> pé do rozamento dos amallós. A lingüeta do zapato mancábao na empeña.
> SIN. copete. CF. empeña. 2. Especie de laminiña metálica móbil
> dalgúns instrumentos de vento, que abre e cerra o paso do aire.
> Cambioulle a lingüeta ó clarinete. 3. Agulla que indica o peso nunha
> balanza ou romana. A lingüeta marcaba tres quilos xustos. SIN. fiel.
> 4. Calquera obxecto pequeno semellante a unha lingua. Unha pequena
> lingüeta impedía o paso de gas. (Dicionario da RAG)
>
>
> PESTANA
>
> pestanas.f. Cada un dos pelos que nacen nos bordos das pálpebras.
> Metéuseme unha pestana nun ollo. SIN. perfeba. (Dicionario da RAG)
>
> SEPARADOR ou DIVISOR
>
> Definido como adxectivo e substantivo polo dic. Ir Indo:
> "adx  Que separa ou serve para separar. Tm s m, referido a dispositivo."
>
> SOLAPA
>
> Solapas.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra, á
> que cobre parcialmente coma, por exemplo, a parte dun sobre, bolsa,
> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, a parte anterior e
> superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
> peza ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
> da tampa. O espía cubría o rostro coas solapas do abrigo. SIN.
> lapela. (Dicionario da RAG)
>
> LAPELA
>
> lapela s.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra,
> á que cobre parcialmente, como por exemplo a parte dun sobre, bolsa,
> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, ou a parte anterior
> e superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
> peza, ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
> da tampa, etc. Cando tiña frío cruzaba as lapelas da chaqueta sobre o
> peito. Nas lapelas do libro vén unha pequena biografía do autor. SIN.
> solapa. (Dicionario da RAG)
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>



-- 
Roberto Brenlla
CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L.
http://www.tegnix.com
http://www.agnix.org
http://brenlla.blogaliza.org/
VoIP: brenlla en ekiga.net

Responderlle a