2008/5/20 Roberto Brenlla <brenlla en gmail.com>:
> Olá,
>
> Só para mencionar que o termo 'aba' é o que teño no meu Firefox, eso
> si, está en pt-br. Paga a pena mencionar que outros eleccións de
> termos non concordan. Así eu teño 'Favoritos' no canto de
> 'Marcapáxinas'.
>
> Saúdos cordiais (e noraboa pola gran actividade),
> Roberto
>
> 2008/5/20 Antón Lado <reversow en reversoweb.com>:
>> Entendo que a similitude semántica de "aba" con este tipo de
>> funcionalidade é un pouco rebuscado. No entanto, houbo neste estreito
>> período localizador varias propostas para denominar o termo TAB.
>> Entre os palabros que se barallaron ("tab" saíu xa nesta mesma rolda
>> hai preto dun ano, pero tamén noutras e noutros "foros" de
>> localización de sóftware) estaban SEPARADOR ou DIVISOR, LINGÜETA,
>> PESTANA, SOLAPA e LAPELA, entre outras.
>>
>> Se facemos un pequeno traballo de documentación inicial atoparémonos
>> co significado orixinario do termo TAB e de como chegou á
>> informática. Neste caso, unha imaxe vale máis ca mil palabras, e a
>> ligazón que enviou anteriormente Mar, ben o ilustra, non?
>>
>> De todas as formas galegas que temos a máis solidaria coas outras
>> linguas romances do contorno sería a forma PESTANA, que é a forma que
>> utilizan tamén o catalán (PESTANYA, recollido no Termcat) e o español
>> (PESTAÑA, supoño que dunha ampliación semántica da acepción "Parte
>> saliente y estrecha en el borde de alguna cosa; como en la llanta de
>> una rueda de locomotora, en la orilla de un papel o una plancha de
>> metal, etc.").
>>
>> A harmonización coas demais linguas romances é un principio para a
>> neoloxía, pero non só, normativamente a RAG (a través das súas
>> "Normas ortográficas..." recomenda acudir ao portugués como fonte
>> principal de harmonización terminolóxica, polo que o termo SEPARADOR
>> ou DIVISOR sería o correspondente, malia ter un significado demasiado
>> xenérico. Supoño que este sería o criterio seguido polo Termigal á
>> hora de sancionar como preferente esta forma nos programas
>> localizados até o de agora.
>>
>> A forma LAPELA tivo moito éxito no seu día e, se non recordo mal, foi
>> a utilizada para a primeira localización do navegador Opera,
>> realizada por Galego21. Semánticamente é tamén próxima dada a
>> acepción "s f   Parte dunha cousa que queda sobreposta a outra á que
>> cobre parcialmente."
>>
>> De todas estas competidoras, a que sobrevive hoxe nas aplicacións é
>> SEPARADOR (cremos que con bo criterio normativo) pero sempre dentro
>> do campo semántico dos navegadores (sexan web ou sexan de sistema
>> operativo). Parece tamén plausible considerar formas coma LAPELA ou
>> PESTANA como formas sinónimas e para funcións que se puidesen
>> considerar similares.
>>
>> Saúdos
>> Antón Lado
>>
>> PD. Perdoade pola extensión da msx.
>>
>>
>> Aquí abaixo podedes ver as diferentes acepcións semánticas recollidas
>> dalgúns dos principais dicionarios galegos.
>> --------
>>
>> LINGÜETA
>>
>>  lingüetas.f. 1. Peza do calzado, de coiro ou doutro material
>> semellante, que protexe a parte superior do
>> pé do rozamento dos amallós. A lingüeta do zapato mancábao na empeña.
>> SIN. copete. CF. empeña. 2. Especie de laminiña metálica móbil
>> dalgúns instrumentos de vento, que abre e cerra o paso do aire.
>> Cambioulle a lingüeta ó clarinete. 3. Agulla que indica o peso nunha
>> balanza ou romana. A lingüeta marcaba tres quilos xustos. SIN. fiel.
>> 4. Calquera obxecto pequeno semellante a unha lingua. Unha pequena
>> lingüeta impedía o paso de gas. (Dicionario da RAG)
>>
>>
>> PESTANA
>>
>> pestanas.f. Cada un dos pelos que nacen nos bordos das pálpebras.
>> Metéuseme unha pestana nun ollo. SIN. perfeba. (Dicionario da RAG)
>>
>> SEPARADOR ou DIVISOR
>>
>> Definido como adxectivo e substantivo polo dic. Ir Indo:
>> "adx  Que separa ou serve para separar. Tm s m, referido a dispositivo."
>>
>> SOLAPA
>>
>> Solapas.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra, á
>> que cobre parcialmente coma, por exemplo, a parte dun sobre, bolsa,
>> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, a parte anterior e
>> superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
>> peza ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
>> da tampa. O espía cubría o rostro coas solapas do abrigo. SIN.
>> lapela. (Dicionario da RAG)
>>
>> LAPELA
>>
>> lapela s.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra,
>> á que cobre parcialmente, como por exemplo a parte dun sobre, bolsa,
>> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, ou a parte anterior
>> e superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
>> peza, ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
>> da tampa, etc. Cando tiña frío cruzaba as lapelas da chaqueta sobre o
>> peito. Nas lapelas do libro vén unha pequena biografía do autor. SIN.
>> solapa. (Dicionario da RAG)

A min dame igual a tradución que se faga, sempre que usemos todos a
mesma, que non haxa colisións, e que sexa correcta. Falouse hai tempo
de se solapa e pestana eran ou non correctas, supoño que haberá agora
persoas con mellores coñecementos cós que tiñamos daquela en Trasno,
así que nolo poderán aclarar. Pero separador da lugar a conflictos.
Cando teña tempo e o meu portátil prendido hei facer unha captura do
que é para min un separador, a ver se os demais están de acordo ou
non...

Responderlle a