O Martes, 20 de Maio de 2008, Mar Castro escribiu:
> Insisto, o que eu pregunto é como relacionades esta acepción coa que
> indicades das abas da mesa.
> > A definición 2 do estravís di:
> > Prolongamento dun corpo ou superficie. [...]
Se o elemento ese é parte da área ou superficie do tabwidget, por que non 
pensala como unha extensión ou prolongamento dela?
Separador, como comentaba Leandro, ten un problema: se divides unha vista 
internamente en varias partes ás que lles podas mudar o tamaño, a barra 
delimitadora, esa que se debe arrastrar para mudar o tamaño, é propriamente 
un separador, e estaríamos a empregar o mesmo vocábulo para dúas cousas moi 
diferentes.
Persoalmente, como xa teño dito en trasno, eu persoalmente prefiro referirme a 
iso como "páxina", cando o texto se refere á área e á aba anexa sempre que 
non exista duplicación da palabra páxina (exemplo: se escolle esta acción, 
abrirá unha nova páxina cun duplicado da páxina web). Para referirme á 
prolongación veño empregando "aba", e como alternativa a "páxina"... pois non 
me lembro, non acontece moi a miúdo.
-- 
Best regards
MV
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : non dispoñible
Tipo       : application/pgp-signature
Tamaño     : 189 bytes
Descrición: This is a digitally signed message part.
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080520/bd2e9e43/attachment.pgp
 

Responderlle a