2010/3/12 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
> Ola,
> Estiven esta semana un pouco liado e acabo de ler agora o que fostes
> escribindo.
> Grazas, Suso e David, polos ánimos e a confianza. David, por curiosidade,
> por que escribes o meu nome en cor de rosa? :)
> Realmente vexo que hai unha situación un pouco estraña aquí e gustaríame
> facer algo por mellorala. Polo pouco que sei, paréceme que unha persoa que
> se dé ben con todos os grupúsculos estaría nunha boa posición para 
> aglutinar
> esforzos a prol do proxecto e dar ilusión. Non sei se eu podería facer iso,
> pero creo que iso é o que fai falta. Sen entrar a valorar, cuestionar
> ou xulgar as actitudes das persoas (de ninguén) nesta ou noutra lista, dame
> un pouco de pena a situación actual (actual?) e creo que é necesario facer
> algo para desbloquear isto.
> Por outro lado, a miña carga de traballo é variábel e impredecíbel, e 
> dáme
> medo comprometerme a algo que despois non poida asumir se me xurdiren
> proxectos grandes. Que pasaría se pasados un número de meses vexo que non
> podo seguir? Non sería esa inestabilidade prexudicial face á Fundación
> Mozilla (no sentido de tirarnos credibilidade como grupo)?
> Outra pregunta: é posíbel ter a priori unha estimación do número de horas
> semanais que sería necesario dedicar á coordinación?
> Outra pregunta: non é problema para min ter que asistir unha vez ao ano á
> reunión da Fundación, pero non sería conveniente que o coordinador teña a
> súa morada na terra? (eu vivo en Barcelona). Dígoo porque iso facilita
> xuntarse cos membros do grupo ou asistir a xornadas como as do g11n...
> Aínda concordando co principio do "silencio consensual", gustaríame escoitar
> a opinión de alguén máis das 64 persoas que teoricamente están nesta 
> lista.
> Un toque nas roldas de localización a glg doutros grupos e 
> proxectos podería
> servir para "espertar" a participación das persoas que só seguen a rolda de
> cando en vez, pero creo que non sería opinións fóra desta lista.
> Bon, se cadra non é tan importante este tema...
> Leandro, algunha suxestión para incentivar a participación da "comunidade"?
> Refírome á de persoas en principio interesadas na galeguización de produtos
> de Mozilla, estean xa nesta lista ou non, estean xa noutros proxectos ou
> non.

Entendo que se non te ves con tempo suficiente, ou pensas que nun
momento dado poderías non poder dar a cara, quizais se deba pensar
noutro sistema de organización e reparto do traballo onde a
responsabilidade non recaia en só unha persoa, ou ter un sistema de
relevo rápido (como en Trasno). Pero isto depende de se a
infrastrutura de Mozilla o permite ou non, ou de se se poden subverter
as súas normas (como fixemos en openSuse).

Para incentivar á xente a participar, pois non sei que dicir. Quizais
o primeiro é identificar cales son os problemas ou os atrancos que
evitan que a xente se involucre. Isto é evidente. Quizais outra cousa
a mellorar sería evitar andar lanzando a nova de que Firefox está ao
100% cada dous por tres xa que a xente di "xa está todo feito e non se
precisa a miña axuda", polo que quizais sexa útil indicar que se pode
traducir outras cousas que aínda non están completas, e de cando en
vez pedir colaboradores para isto ou para aquelo. Outra cousa sería
non intentar tratar a este proxecto como unha caixa pechada, como se
non influira, fora influido por, ou precisara dos outros proxectos, xa
que seguro que hai xente que prefire traducir por exemplo KDE a
traducir en Mozilla e se as datas se solapan pois escollen KDE (por
exemplo). A verdade é que pode haber ata unha ducia de factores
diversos. Todo isto é moi interpretable e estou seguro de que hai
bastantes persoas que van disentir da miña opinión, o cal é moi
respectable.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Reply via email to