Boas.

Con respecto a todo que queredes saber habería que falar con Suso e
Rial, xa que un levaba a coordenación no que se refire a parte
institucional e outro a parte técnica. A institucional é importante e
Suso podería decir en que consiste e canto tempo quita.

A técnica non é nada sinxela, xa que eu estiven a verme as instrucións
que teñen para montar en equipo de tradución para un idioma dende cero
ou como levar a tradución se tes o equipo montado e non é fácil e hai
moito traballo que facer. O estado da tradución dos produtos de
Mozilla está descendendo a paso axigantados, aínda que o Firefox 3.6
estea ao 100% que xa o dúbido visto as estatísticias e as cadeas
pérdidas.

Estamos perdendo un tempo moi valioso e aquí nadie opina. O que queira
a coordinación tense que mollar e traballar duro. Terá que crear
procedementos para dividir as traducións, crear calendario de traballo
e revisar todo o que se traduce. Xa que ten que coordinadar máis dun
proxecto e conseguir que os produtos estean ao 100% para o seu
lanzamento.

O dito, Suso quere alguén que a comunidade elixa, así que nos toca
decidir entre todos. Eu creo que xa hai varios candidatos, polo menos
un equipo no que está Manuel, Damufo e outro máis senon me equivoco,
que coordinaría Manuel Souto.

Por outro lado está Trasno, onde en principio keko (eu) sería o
coordinador e e un par de persoas que lle axudarían no resto.

Non sei se hai máis candidatos, pero habería que resolver esto, xa que
hai cadeas novas cada día que pasa en todos os proxectos de Mozilla e
non son poucos. Agora non teño a man para darvos a ligazón onde se
pode consultar pero hai moitísimo que facer e máis para xente novata
no tema da xestión de Mozilla, así que a pornos as pilas.

Facemos unha votación ou algún sistema para elixir. Ou simplemente o
grupo de Manuel Souto se fai cargo e o resto a colaborar, hai que
decidirse xa, o tempo corre en contra de contar coas seguintes
versións en galego e se pode ser con paquetes oficiais (que é o
ideal).

Un saúdo.

2010/3/12, David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
> Ola é totalmente irrelevante pero o do nome en cor rosa é porque uso Gmail,
> e cada correo novo co mesmo asunto vai aparecendo a continuación dos outros
> cambiando a cor do remitente... coincidiu que copiei e peguei o teu nome,
> máis nada :-D
>
>
> Polo tema en cuestión da coordinación, se cadra sería positivo que alguén
> que explicase en que consiste exactamente, cales son as funcións dedicación
> estimada, etc... creo que algo xa se puxo, pero se cadra había que
> especificalo máis, para que se hai alguén que pense en asumir a 
> coordinación
> teňa claro se vai poder ou non.
>
> Saudos,
> David
>
> 2010/3/12 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>
>> 2010/3/12 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>> > Ola,
>> > Estiven esta semana un pouco liado e acabo de ler agora o que fostes
>> > escribindo.
>> > Grazas, Suso e David, polos ánimos e a confianza. David, por
>> > curiosidade,
>> > por que escribes o meu nome en cor de rosa? :)
>> > Realmente vexo que hai unha situación un pouco estraña aquí e 
>> > gustaríame
>> > facer algo por mellorala. Polo pouco que sei, paréceme que unha persoa
>> que
>> > se dé ben con todos os grupúsculos estaría nunha boa posición para
>> aglutinar
>> > esforzos a prol do proxecto e dar ilusión. Non sei se eu podería facer
>> iso,
>> > pero creo que iso é o que fai falta. Sen entrar a valorar, cuestionar
>> > ou xulgar as actitudes das persoas (de ninguén) nesta ou noutra lista,
>> dame
>> > un pouco de pena a situación actual (actual?) e creo que é necesario
>> facer
>> > algo para desbloquear isto.
>> > Por outro lado, a miña carga de traballo é variábel e impredecíbel, e
>> dáme
>> > medo comprometerme a algo que despois non poida asumir se me xurdiren
>> > proxectos grandes. Que pasaría se pasados un número de meses vexo que
>> > non
>> > podo seguir? Non sería esa inestabilidade prexudicial face á Fundación
>> > Mozilla (no sentido de tirarnos credibilidade como grupo)?
>> > Outra pregunta: é posíbel ter a priori unha estimación do número de
>> > horas
>> > semanais que sería necesario dedicar á coordinación?
>> > Outra pregunta: non é problema para min ter que asistir unha vez ao ano
>> > á
>> > reunión da Fundación, pero non sería conveniente que o coordinador teña
>> > a
>> > súa morada na terra? (eu vivo en Barcelona). Dígoo porque iso facilita
>> > xuntarse cos membros do grupo ou asistir a xornadas como as do g11n...
>> > Aínda concordando co principio do "silencio consensual", gustaríame
>> escoitar
>> > a opinión de alguén máis das 64 persoas que teoricamente están nesta
>> lista.
>> > Un toque nas roldas de localización a glg doutros grupos e
>> proxectos podería
>> > servir para "espertar" a participación das persoas que só seguen a rolda
>> de
>> > cando en vez, pero creo que non sería opinións fóra desta lista.
>> > Bon, se cadra non é tan importante este tema...
>> > Leandro, algunha suxestión para incentivar a participación da
>> "comunidade"?
>> > Refírome á de persoas en principio interesadas na galeguización de
>> produtos
>> > de Mozilla, estean xa nesta lista ou non, estean xa noutros proxectos ou
>> > non.
>>
>> Entendo que se non te ves con tempo suficiente, ou pensas que nun
>> momento dado poderías non poder dar a cara, quizais se deba pensar
>> noutro sistema de organización e reparto do traballo onde a
>> responsabilidade non recaia en só unha persoa, ou ter un sistema de
>> relevo rápido (como en Trasno). Pero isto depende de se a
>> infrastrutura de Mozilla o permite ou non, ou de se se poden subverter
>> as súas normas (como fixemos en openSuse).
>>
>> Para incentivar á xente a participar, pois non sei que dicir. Quizais
>> o primeiro é identificar cales son os problemas ou os atrancos que
>> evitan que a xente se involucre. Isto é evidente. Quizais outra cousa
>> a mellorar sería evitar andar lanzando a nova de que Firefox está ao
>> 100% cada dous por tres xa que a xente di "xa está todo feito e non se
>> precisa a miña axuda", polo que quizais sexa útil indicar que se pode
>> traducir outras cousas que aínda non están completas, e de cando en
>> vez pedir colaboradores para isto ou para aquelo. Outra cousa sería
>> non intentar tratar a este proxecto como unha caixa pechada, como se
>> non influira, fora influido por, ou precisara dos outros proxectos, xa
>> que seguro que hai xente que prefire traducir por exemplo KDE a
>> traducir en Mozilla e se as datas se solapan pois escollen KDE (por
>> exemplo). A verdade é que pode haber ata unha ducia de factores
>> diversos. Todo isto é moi interpretable e estou seguro de que hai
>> bastantes persoas que van disentir da miña opinión, o cal é moi
>> respectable.
>>
>> Ata logo,
>>                  Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>

Responderlle a