Thu, May 04, 2000 at 09:03:05AM +0200, Gonzalo Gonzalez Rodriguez escribiu:

>... no fundo, tod@s gostamos de polemizar um pouco, non? ;)

        Si, aínda que non teñamos nin idea do que realmente falamos. X')

>>      Non sei a que chamas ti lingua illada (ou "isolada").  Que estean
>> cerca só coñezo o éuscaro.  Se para ti estar illado é usar os termos
>> propios en vez dos que veñen de fóra, simplemente non estou de acordo.  Se
>> realmente forman un grupo lingüístico ó mesmo nivel, non sei por que non
>> han de tomar os portugueses o termo cartafol.
>
>...e que realmente, tu tamén estás a tomar "termos de fóra". Iso é mui
>relativo. Agora, podes facer unha "pseudo-adaptación", collendo un pouco
>de catalán, francés, castellano, portugués (non vaia ser ;) na que non vas
>ter outro critério que a tua subxectividade,

        Non sei se estabas a falar doutra palabra, ou se estabas a poñe-lo
chip de "argumento estándar", pero é que precisamente "cartafol" só existe
en galego... Non existe nada semellante en portugués, castelán, francés ou
catalán. :-D

>ou coller un "standart" dunha
>versión da nosa língua, de xente que leva vivendo en (galego-) portugués
>desde há quase 400 anos, namentres que aqui non temos esa sorte... :(

        Vaia, agora resultou que "área de transferencia" é un termo
utilizado dende os tempos de Felipe II polos que están ó sur do Miño. :-D
E vaia estándar debe ser, que mesmo moitos portugueses usan o termo inglés
"clipboard". X'DDD

        E non che caiba a dúbida de que eu compartirei ese anglo-estándar
cos portugueses se leo "área de transferencia". X'))))))

>Se tu deixares de traballar nisto, chegará outra persoa, co seu próprio
>critério, e fará algo distinto... 

        Claro, outra persoa ou outra empresa, que utilizará con moitas
posibilidades o criterio de ir mirar o que din a RALG, o ILG, ou a Xunta
(por exemplo co diccionario do SLI, publicado pola Xunta)

        Porque se pensas que unha empresa vai seguir o mesmo criterio que
ti, con tódolos respectos, vas aviado...

>>      Ah, por certo, ademais do grupo galego-português, queríache lembrar
>> que ámbalas dúas linguas pertencen ó grupo iberorrománico, formado tamén
>> polo castelán, astur-leonés-mirandés e aragonés (e non o catalán).  Ás
>> veces semella que esquecedes iso...
>
>... home, é a primeira vez que escuito tal. Animo-te a facer un estudo
>sério do galego desde esa perspectiva, ainda que o vexo difícil. Podes ser
>un auténtico pioneiro. Ánimo, e a polo Nobel ;)

        Non hai que facer ningún estudio.  Tampouco dixen nada estraño...
As linguas como o francés, o occitano, o franco-provenzal, o catalán, e os
dialectos de oil coma o valón e o picart forman o grupo galorrománico.

        E os da península ibérica sen contar o catalán forman o grupo
íberorrománico.  E tampouco é un delito dicilo. :-D  Do mesmo xeito que no
galorrománico se poden agrupar o occitano e o catalán, no iberorrománico se
poden agrupar o galego e o portugués nun grupo, e o asturiano, o leonés, o
zamorano e o mirandés noutro.

>>      Se os portugueses tivesen un termo razoable e coerente, non tería
>> ningunha dúbida en usalo.  Pero, unha cousa que non comentei, é que "área
>> de transferencia" só a mirei en pt_BR, nas traduccións pt_PT só vin
>> "clipboard". 
>
>O mesmo que acontece co español de América e o "castellano". É algo común
>a línguas faladas nunha ampla zona do mundo, e non creo que sexa
>especialmente grave. Non por iso o español ou o portugués deixan de criar
>un standart aceitado.

        ¿Aceptado por quen?  ¿Polos que din clipboard ou polos que din área
de transferencia?  ¿Polos que din arquivo ou polos que din ficheiro?

        Se vós considerades que o galego é un dialecto dese portugués
falado nunha ampla zona do mundo, non sei por que non iades aceptar unha
palabra que máis axeitada para Galicia.

>>      Pois non sei quen sería pero nos últimos dez anos non hai outra
>> proposta por parte do ILG/RALG e compaña...
>
>Que lles cunda. Que sigan a facer obras de arte como esa. Coincido co
>Ramon: descargarei o meu q na icona que os chimpou.

        Noraboa, eu seguirei facéndolles caso.  Se algún día ti ou calquera
outro filólogo chega á RALG e di que é "ícone", eu usarei "ícone". :-)))

>> http://www.uvigo.es/webs/sli/lexico/index.html
>
>Achtung: Comprobado empiricamente que este "dicionário" é
>tóxico. Exemplos:

        ¿Tóxico? X''DDDDDDDDDDDDD

>- "Arrincar" o computador (para eles "ordenador")

        ¿Que pasa con arrincar?  É unha palabra galega. :-??????

        ¿Como queres dicilo? ¿Arrancar, como no "português padrão"?  Digo o
de padrão, porque no diccionario portugués tamén se admite "arrincar"
(supoño eu que como variante dialectal)

        Repito o de antes, coas vosas ideas, nin sequera podemos xa falar
un portugués de Galicia, senón o de Lisboa, a ser posible. :-D

>- No canto de "disco ríxido", "disco duro", como en el castellano.

        O de "computador" podo admitilo, pero iso de "disco ríxido" faime
gracia. :-DDD

        Para o caso de ordenador/computador... Por exemplo, no castelán da
península ibérica úsase "ordenador" por influencia do francés, e no de
hispanoamérica "computadora" por influencia do inglés.

        Volvendo co do dialecto reintegracionista, ¿non é posible aceptar
"ordenador" en Galicia por influencia do castelán (ou do francés se che
gusta máis)?  ¿Ou vas negar esa influencia que fai que a meirande parte dos
informáticos galegos prefiran usar "disco duro" e "ordenador" fronte a
"disco ríxido" e "computador"?  Só tes que buscar "ordenador" no
diccionario portugués para comprobar que tamén está admitida.

        Buscarei publicidade en galego de fabricantes de ordenadores.  Só
coñezo unha e podo asegurar que o papel non estaba nada... ríxido. X')


        E seguindo co tema do dialecto X'), tampouco entendo por que usar
"colar" para traducir "paste", cando a forma dominante en galego é "pegar"
(mec, mec, pode que estea equivocado).  Unha vez máis, como xa estarás a
adiviñar, "pegar" tamén está admitido en portugués.

>- A sua calidade chega ao ponto de traducir as abreviaturas de Gb
>("xigabyte", Xb, toca-te los güevos)

        Isto si que é unha carallada. X')

>Pois iso. Sigamos asi, que vamos de q e costa arriba. 

        Cada un vai segundo mira a costa...

        Co do dialecto tentei respostar ós teus argumentos baseándome no
posible na túa concepción da lingua.  Só para demostrar que, nalgúns casos,
aquilo que ti criticas ós que preferimos a normativa oficial, pode ser
explicado dende a propia ideoloxía integracionista. :-)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a