Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> Sun, May 07, 2000 at 07:30:32PM +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:
> 
> >pola contra queremos asignarlle desbechador a debugger, pois que a
> >inclúan. e o que teño moi claro é que case ningún lingüista hoxe en día
> >pode dicirnos cómo temos que traducir case nada. á vista está, aínda que
>
>         Que si, que un lingüista non pode dicir que palabra galega temos
> que usar para traducir un termo informático en inglés.  Se en vez de
> icon[oea] usamos "imaxiña", pois os lingüistas irían ó icarallo co seu
> icona.  Pero se imos usar icon[oea], pois é tarefa dos lingüistas dicir se
> é o e, o o, ou o a (e sinto as 10 vocais seguidas) X')))

na resposta eu ía por 2 camiños: a) xustificar que podemos facer o que
dicía Roberto e b) que podemos mandar á merda aos lingüistas. nesa
parte, ía pola a)

pero xusto ante de dicir iso, falaba de que se a xente usa icono e non
icona terán que recuar. por exemplo (un supoñer que efectivamente fora
esa a evolución), psiquiatra inciacialmente escríbese así; pero se a
xente o di sen o "p", acaban aceptando que se pronuncie (e escriba) sen
o "p". tamén poder ser o caso de período/periodo e outros semellantes.

>         Por outra banda, tampouco hai que pensar que somos os primeiros
> absolutos.  Que antes que nós, antes do Xis, probablemente xa existise
> software en galego.  E xa había xente traballando na adaptación dos termos
> informáticos.  No SLI levan dende 1994, e por exemplo a decisión de usar
> "ligazón" no canto de "enlace" non o determina a normativa da RALG/ILG.

SLI?? son os do diccionario técnico ese?

>         No caso de ir contra as decisións dos lingüistas, hai que lembrar,
> como dicía Gonzalo (aínda que co sentido contrario), que se outros
> (empresas probablemente asistidas por lingüistas) comezan a traducir un
> programa ó galego, usarán os criterios que xa existen a nivel _oficial_.
> Non sei se é porque teño tendencia á modestia, pero non penso que poidamos
> considerarmos tan descaradamente o embigo do mundo informático en galego...

a ver: di Roberto que aínda que baixe Cristo el non usará icona. eu
tampouco, aínda que non creo que teña a "honra" de traducilo (tendo en
conta o tipo de material que traduzo). pero pode haber outras parabras
que me negue a utilizar.

conclusión: estamos aquí principalmente para para traducir, non para
andar discutindo se si ou se non é así ou non é así. por iso propoño que
cando haxa discrepancias insalvables (pensando ao grande, non só nestes
casos), cada un vaia por onde queira. tamén se podería votar, pero dame
a sensación de que andaríamos todo o día de campaña electoral.

en canto aos predecesores, eu aparte de galego21 non coñezo a ninguén
que faga algo semellante; e sobre todo se son dunha empresa non creo que
se tomen tantas molestias coma nós en facelo ben.

somos o embigo ou non? ben, centrándome neste caso a min non me importa
que outro que veña á par ou detrás miña utilice ou non icona; faráo
dacordo co seu respetable criterio. e por ese motivo, eu poderei
aproveitar o que se fixo antes ca min, pero non vou seguir o ronsel en
contra do meu criterio; independente de que o fixeran antes ca min, ou
que teñan eles máis trasccendencia social ou o que sexa.

... o que non significa en absoluto que despreze o seu traballo, nin os
seus criterios; por suposto.

>      _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
>    _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>


Responderlle a