Jesus Bravo Alvarez wrote:
> 
> Sat, May 06, 2000 at 11:02:56PM +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:
> 
> >>         icona, ícone, icono, icône, icon, ikon, ou como lle queiras chamar:
> >>
> >> "Imaxe relixiosa na igrexa ortodoxa rusa"
> >
> >mec mec! (¿erro!? ;))))
> >
> >  * icono: (do grego eikonos = imaxe (=> un punto a favor)). imaxe
> >relixiosa da igrexa ortodoxa (e non só rusa).
> 
>         O de que non é só rusa é importante, ¿non? X'DDD

si, en concreto di "grega, rusa, rumana, servia, etc.". así que era o
que dicía Ramón, iso de darse unha voltiña por Rusia para xustificar o
feminino ...

mesmo parece feito á mantenta por alguén reprimido sexualmente que se
desafoga dese xeito, ou que tenta boicotear á lingua desde dentro
ridiculizándoa.

> >  * icon(o)-: (prefixo) elemento grego de formación de palabras que
> >exprea a idea de imaxe (iconografía, iconoclasta, ...)
> >
> >con isto eu creo que é perfectamente válida esa palabra para referirse
> >ao "conceto" (lembremos que o que importa é o "conceto" ;)); incluso
> >está máis xustificado que en iconoclasta por exemplo.
> 
>         Que si, que eu non digo que non, que é unha palabra que colleron os
> ingleses e lle deron ese significado, e por harmonizar todo o mundo a usa ó
> traducir programas informáticos.
> 
>         O que digo é que é un termo reutilizado, non un termo novo.  E
> ademais só existe unha variante no diccionario, de xeito que non temos
> capacidade de elección (como si podemos facer con enlace/ligazón, que ambas
> significan o mesmo pero podemos elixir a que queiramos para darlle o
> significado que precisamos)

os diccionarios, e por extensión @s lingüistas que os fan, teñen que
estar ao servicio do povo, e non ao revés.

deste xeito, se á xente non utiliza icona senón icono, pois terán que
modificalo. polo mesmo motivo, se agora _nós_ decidimos que depurador é
o equivalente máis lóxico de debbuger, pois terán que incluílo. e se
pola contra queremos asignarlle desbechador a debugger, pois que a
inclúan. e o que teño moi claro é que case ningún lingüista hoxe en día
pode dicirnos cómo temos que traducir case nada. á vista está, aínda que
noutro campo, o dos xornalistas co "caso ILOVEYOU" ou as razóns de Ramón
con icona/ano/e_non_lembro_a_outra.

por iso, temos todo o dereito de facer o que propoñía Roberto; aínda que
repito que o máis difícil será poñernos dacordo. non imos poñernos agora
a a desfacer todo o feito nin a inventar cousas por que si, pero nin a
normativa é sagrada nin os lingüistas infalibles (nin tampouco o Papa).

>      _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
>    _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>

Responderlle a