Sun, May 07, 2000 at 07:30:32PM +0000, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:

>pola contra queremos asignarlle desbechador a debugger, pois que a
>inclúan. e o que teño moi claro é que case ningún lingüista hoxe en día
>pode dicirnos cómo temos que traducir case nada. á vista está, aínda que

        Que si, que un lingüista non pode dicir que palabra galega temos
que usar para traducir un termo informático en inglés.  Se en vez de
icon[oea] usamos "imaxiña", pois os lingüistas irían ó icarallo co seu
icona.  Pero se imos usar icon[oea], pois é tarefa dos lingüistas dicir se
é o e, o o, ou o a (e sinto as 10 vocais seguidas) X')))

        Por outra banda, tampouco hai que pensar que somos os primeiros
absolutos.  Que antes que nós, antes do Xis, probablemente xa existise
software en galego.  E xa había xente traballando na adaptación dos termos
informáticos.  No SLI levan dende 1994, e por exemplo a decisión de usar
"ligazón" no canto de "enlace" non o determina a normativa da RALG/ILG.

        No caso de ir contra as decisións dos lingüistas, hai que lembrar,
como dicía Gonzalo (aínda que co sentido contrario), que se outros
(empresas probablemente asistidas por lingüistas) comezan a traducir un
programa ó galego, usarán os criterios que xa existen a nivel _oficial_.
Non sei se é porque teño tendencia á modestia, pero non penso que poidamos
considerarmos tan descaradamente o embigo do mundo informático en galego...

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a