É cedo de abondo para falar de propostas concretas de Trasno á Xunta, xa que 
polo indicado por Pérez Casas semella que vai servir de introdución e 
aclaración de posicións (por exemplo, non se lle podería esixir nada á Xunta 
se non existe disposición sequera de que queira colaborar nun proxecto de 
tradución voluntario, sen control gubernamental ou empresarial, como Trasno)

De calquera xeito, se alguén que non pode asistir quere deixar unha petición 
propia, anotámolo e, se encaixa dentro das posturas da Xunta (e de Trasno en 
xeral), voltamos coas respostas. 

Veña, algunha idea máis nun fío novo non estaría mal.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a