xavy wrote:
> Home, amaioria non, anque alguns de nos si encadramos ou iso creo nas
> categorias que ti propos. Eu persoalmente son licenciado en filoloxia
> inglesa e creo recordar que algun licenciado en galega habia. 
Perfecto, igual vos deixo caer algunha dúbida de vez en cando ;-)

> O que
> penso que si se deberia facer é o equivallente a un diccionario de
> estilo e explicome. Todas estas dubidas que van saindo na duda e as
> novas, que sexan incluidas nun documento que serva de consulta a novos
> tradutores, de modo que todas as traducións sexan uniformes nas suas
> escollas lexicas.
> Fora diso cecais si fose boa idea o dunha revisión ortográfica, dado que
> cos sucesivos cambios realizados na normativa moitos de nos (supoño)
> estaremos algo perdidos, e así conseguimos non so traducións en
> cantidade senon como ti ben dis en calidade, tanto en boas traducions
> (boas escollas lexicogramáticas) como en correcion ortografica
> Un saudo
> Xavy

A min o que me parecería interesante é que houbese un servizo ao que
mandar unha tradución unha vez rematada para ser revisada (deixando a
última palabra ao tradutor orixinal). Anque isto se pode facer con
voluntarios, a existencia dese servizo facilitaría moito as cousas.

Un saúdo.  
    Felipe.



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a