Home, amaioria non, anque alguns de nos si encadramos ou iso creo nas
categorias que ti propos. Eu persoalmente son licenciado en filoloxia
inglesa e creo recordar que algun licenciado en galega habia. O que
penso que si se deberia facer é o equivallente a un diccionario de
estilo e explicome. Todas estas dubidas que van saindo na duda e as
novas, que sexan incluidas nun documento que serva de consulta a novos
tradutores, de modo que todas as traducións sexan uniformes nas suas
escollas lexicas.
Fora diso cecais si fose boa idea o dunha revisión ortográfica, dado que
cos sucesivos cambios realizados na normativa moitos de nos (supoño)
estaremos algo perdidos, e así conseguimos non so traducións en
cantidade senon como ti ben dis en calidade, tanto en boas traducions
(boas escollas lexicogramáticas) como en correcion ortografica
Un saudo
Xavy

Felipe Gil Castiñeira escribió:
Ola a todos,

Eu non levo moito tempo por aquí, nin vou poder atender á reunión, pero
gustaríame que se considerase a seguinte proposta:

    Xa que a maioría dos que estamos aquí non somos nin lingüistas nin
    tradutores profesionais (polo menos esa é a impresión que teño), e
    tendo en conta que se respecta a normativa en vigor, sería moi
    interesante que a Xunta abrise unha canle para poderlles facer
    consultas aos seus lingüistas e que estes incluso revisasen as
    traducións baixo petición (unha tarefa moito máis sinxela que facer
    a tradución completa).

Isto ven a que, a pesar de que é bo que moitas aplicación estean
traducidas, tamén é moi importante que as traducións sexan correctas
(especialmente que non teñan nin faltas nin erros gramaticais).

Un saúdo.
    Felipe.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a