Ola a todos:
A verdade é que sería interesante. Si, moi interesante. Incluso diría que é unha moi boa idea. Pero o servizo de tradución da xunta é malo (ou peor) con gañas, e como penso ir á reunion ao que queira explícollo en persoa. Visto como opera penso que o sistema que ten é ben doado, por exemplo Perico dos Palotes escribiu un libro que dicía que a tradución de PC é pecé pois xa está, é pecé, nin estudo nin carallo (desculpas pola palabrota) ah! e se non teñen nen p.i. pois doado, miramos no dicionario de español e inventamos algo parecido, ou quen sabe o que.

Iso sí, a Xunta de "Galiza", esixe que uses o galego ¿ou castrapo? jrjrjrjrjr...

Sinto dicir que nin a RAG nin o servizo da xunta teñen para min o mais mínimo valor (por meritos propios). Ollo, falo do servizo, non das persoas. Isto é unha opinión persoal, mais eu sigo a normativa oficial, malia que é dificil, é as veces da dame gañas (moitas) de escribir como me saia do cu xa que sería mais coherente en fin... é duro ver como as institucións usan (ou non) a lingua, pero está claro que isto é outro debate.


Felipe Gil Castiñeira escribió:
Ola a todos,

Eu non levo moito tempo por aquí, nin vou poder atender á reunión, pero
gustaríame que se considerase a seguinte proposta:

    Xa que a maioría dos que estamos aquí non somos nin lingüistas nin
    tradutores profesionais (polo menos esa é a impresión que teño), e
    tendo en conta que se respecta a normativa en vigor, sería moi
    interesante que a Xunta abrise unha canle para poderlles facer
    consultas aos seus lingüistas e que estes incluso revisasen as
    traducións baixo petición (unha tarefa moito máis sinxela que facer
    a tradución completa).

Isto ven a que, a pesar de que é bo que moitas aplicación estean
traducidas, tamén é moi importante que as traducións sexan correctas
(especialmente que non teñan nin faltas nin erros gramaticais).

Un saúdo.
    Felipe.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

  
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a