Ola a todos, Eu non levo moito tempo por aquí, nin vou poder atender á reunión, pero gustaríame que se considerase a seguinte proposta:
Xa que a maioría dos que estamos aquí non somos nin lingüistas nin tradutores profesionais (polo menos esa é a impresión que teño), e tendo en conta que se respecta a normativa en vigor, sería moi interesante que a Xunta abrise unha canle para poderlles facer consultas aos seus lingüistas e que estes incluso revisasen as traducións baixo petición (unha tarefa moito máis sinxela que facer a tradución completa). Isto ven a que, a pesar de que é bo que moitas aplicación estean traducidas, tamén é moi importante que as traducións sexan correctas (especialmente que non teñan nin faltas nin erros gramaticais). Un saúdo. Felipe. _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno