2008/7/9 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:

> >> É de sabios recoñecer os erros. Así que ainda que non che gusten as
> >> etiquetas xa tes a de sabio :)
> >>
> >> Volvendo ó tema. A idea é que ti xogas unha campaña composta por
> >> varios escenarios consecutivos. Tamén tes un exército composto polas
> >> unidades que vas recrutando (isto é recruit). Esas unidades poden
> >> matarchas ou sobrevivir ó escenario. Se sobreviven, para volvelas ter
> >> no teu exército tes que facer que volvan pagando 20 de ouro (isto é
> >> recall).
> >>
> >> Polo tanto a miña primeira idea foi traducilo coma "volver chamar",
> >> debido a que iso é o que se fai cas unidades e a que o meu diccionario
> >> de inglés non é que fora moi bo. Máis adiante, e pensandoo máis e
> >> comparando cas traducións doutros idiomas romances, vin que no
> >> portugués brasileiro usan convocar (que non me convencia moito),
> >> richiamare en italiano e rappeler en francés (aquí está o meu volver
> >> chamar :)), reincorporar no catalán tanto de cataluña coma de valencia
> >> e tamén no castelán (a miña nova proposta). Ademais está o concepto de
> >> o facer o recall dunha unidade o que estás facendo é "reincorporala a
> >> filas".
> >>
> >> Ben, despois de todo isto que pensades?? Teño futuro coma tradutor??
> >>
> >> Ata logo,
> >>                      Leandro Regueiro
> >
> >
> > Home experiencia tes, non creo que sexas mal tradutor dende logo xD
> > Volvendo ó tema, Tanto Volver a chamar coma reincorporar expresan a
> > idea á que se teñen que asigna-lo termo pois utilizarase para volver a
> > utilizar tropas que xa utilizaches noutras batallas, o de convocar por
> > exemplo, a min suxireme que tamén se podería utilizar para tropas que
> > non utilizaches, é dicir ti convocas un guerreiro, se me dis esa
> > frase, non sei se é a primeira vez que o utilizas ou se xa o
> > utilizaches antes.
> > Entre volver a chamar e reicorporar, coma expresan o mesmo concepto ó
> > meu parecer, poderiase utilizar xa a que mellor soe, a miña opinión
> > persoal, prefiro o de reincorporar, é un termo máis curto e sóame
> > mellor. Non sei que lle parecerá ós demáis XD
>
> Agora que o penso tamén viria mellor no caso de que apareza usado coma
> substantivo. Para reincorporar poderiase usar reincorporación, pero
> para volver chamar...
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
>

Coñecendo o contexto, tanto se poden prestar "reincorporar" como
"reconvocar". [reincorporar (a filas ou ó traballo)] [reconvocar (un equipo,
un grupo)].

De ter que elexir unha das dúas podes basearte nos matices:

[Diccionario da Real Academia Galega]

*convocar**v.t.* *1*. Avisar [a alguén] da celebración dunha reunión ou para
que asista a unha cita. *Convocounos para o xoves no seu despacho. *SIN. *
citar*,* emprazar. **Convocou os socios para unha asemblea extraordinaria.*
*2*. Anunciar* *[un concurso, oposición, etc.] para o coñecemento dos
posibles interesados.

*incorporar**v.t.* *1*. Facer que [algo ou alguén] pase a formar parte [dun
todo]. *O escultor incorporou novas técnicas ó seu labor artístico. Medidas
que tenden a incorpora-la mocidade ó mercado do traballo. **2*. Facer que
[alguén] pase a ocupar [un posto]. *Ata o mes que vén non o incorporan á
cátedra.* *3*. Erguer de cintura para arriba [unha persoa que está deitada].
*Axúdeme a incorpora-lo enfermo. *//* v.p.* *4*. Pasar a formar parte [algo
ou alguén] [dunha cousa]. *Se te incorporas á asociación, tes que pagar unha
cota. *
*5*. Pasar a ocupar [un posto] ou a desempeñar [unha actividade], por un
novo período ou por primeira vez. *Mañá incorpórase ás clases o alumnado de
bacharelato.* *Non puiden incorporarme a tempo.* *6*. Erguerse de cintura
para arriba.* Incorpórese por favor.

*Polas definicións a primeira implica certo poder de decisión aplicable ó
suxeito que se empraza, en cambio a segunda implica certa obriga.

Responderlle a