O Mér, 09-07-2008 ás 14:52 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/7/9 Jacobo Tarrio <jac...@tarrio.org>:
> > El miércoles,  9 de julio de 2008 a las 13:32:48 +0200, Leandro Regueiro 
> > escribía:
> >
> >> As traducións que veñen nos diccionarios non sempre se poden aplicar a
> >> tódolos contextos. Polo que puxeches entendes que recall é un
> >> substantivo, pero no Battle for Wesnoth úsase coma un verbo sempre.
> >
> >  Non, foi confusión miña porque xa vira a tradución noutros dicionarios e xa
> > parei na primeira acepción que vin que se axustaba ao que xa vira.
> >
> > 3       recall, call back
> >                summon to return; "The ambassador was recalled to his
> >                country"; "The company called back many of the workers it
> >                had laid off during the recession"
> >
> > 2 a: to call back <was recalled to active duty> <a pitcher recalled from the
> > minors>
> >
> > 2.      to call back; summon to return: The army recalled many veterans.
> >
> >  O importante, de tódalas maneiras, é que a xente, cando estea a traducir e
> > atope unha palabra que non coñeza, non lle invente o significado, senón que
> > o investigue; o mínimo é coller un dicionario e buscala nel. Eu recomendo
> > wordreference.com
> >
> >  Ah, e se fora eu quen traduce Wesnoth, traduciriao por "convocar".
> 
> É de sabios recoñecer os erros. Así que ainda que non che gusten as
> etiquetas xa tes a de sabio :)
> 
> Volvendo ó tema. A idea é que ti xogas unha campaña composta por
> varios escenarios consecutivos. Tamén tes un exército composto polas
> unidades que vas recrutando (isto é recruit). Esas unidades poden
> matarchas ou sobrevivir ó escenario. Se sobreviven, para volvelas ter
> no teu exército tes que facer que volvan pagando 20 de ouro (isto é
> recall).
> 
> Polo tanto a miña primeira idea foi traducilo coma "volver chamar",
> debido a que iso é o que se fai cas unidades e a que o meu diccionario
> de inglés non é que fora moi bo. Máis adiante, e pensandoo máis e
> comparando cas traducións doutros idiomas romances, vin que no
> portugués brasileiro usan convocar (que non me convencia moito),
> richiamare en italiano e rappeler en francés (aquí está o meu volver
> chamar :)), reincorporar no catalán tanto de cataluña coma de valencia
> e tamén no castelán (a miña nova proposta). Ademais está o concepto de
> o facer o recall dunha unidade o que estás facendo é "reincorporala a
> filas".
> 
> Ben, despois de todo isto que pensades?? Teño futuro coma tradutor??

Pois penso que si ;-) Gústame "reincorporar".
> 
> Ata logo,
>                       Leandro Regueiro

Responderlle a