O tema dos atallos é unha das cousas que definen unha boa localización,
cousa que os lingüistas non entenden.

Agora mesmo estou a pelexarme cos atallos do Sylpheed e ... son eternos
amáis de que as veces non hai letras (dabondo) distintas sobre as que
"actuar", iso leva as veces a empregar expresións próximas e a ter, como é o
meu caso, unhas pautas particulares como é o "tratar" de manter o atallo
orixinal ou buscar un elemento diferenciador.

Na maioría dos casos, cando son menús extensos e complexos non queda máis
que botarlle imaxinación.

Outra das pautas que procuro manter é a proximidade (nos atallos) a
traducion ó castelan a fin de provocar o menor cambio de costumes.

Por outra banda, moitas veces a "desexada" norma non é aplicable pola propia
idiosincrasia dos desenvolvedores que empregan expresións que solo eles
entenden. Venme a cabeza os máis de 50 correos que intercambiamos co actual
desenvolvedor de mtPaint para atopar a tradución axeitada para "Undoable" xa
que el estaba empeñado en manter esa expresión que inicialmente empregara
Mark Tyler...

Responderlle a