Respecto do tema dos atallos, non temos que seguir as normas que se
escolleron para outros idiomas, que poden ser máis ou menos axeitadas
para ditos idiomas, senón que debemos seguir o noso propio camiño. Por
iso non estou eu moi a favor das normativas lusistas, xa que parece
que queren converter o galego nunha especie de portugués, cousa que
para min é evidente que non é, nin tampouco estou dacordo cos que
pensan que deberiamos achegarnos ó castelán por ser unha "lingua
próxima", xa que o portugués é tan próximo coma o castelán ou máis
ainda.

Así que o dito, para o galego debemos buscar as nosas propias
solucións e non copiar as dos outros, porque moitas veces non serven,
ainda que isto non quere dicir que moitas veces as solucións máis
axeitadas para o galego coincidan cas elixidas para outros idiomas.

Mellor non me meto na outra discusión que non sei moi ben a conto de que ven...

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a