> [...] lera (como é o pretérito do subxuntivo de ler?) [...]

Coido que o escribiches ben.

> [...] case valería a pena, por tentar atraer a máis
> xente ao eido da tradución de SL e tal... pola vía de atraelos antes a
> seren usuarios de SL, vaia.

Supoño que mentres o software traducido en si mesmo sexa software libre (aínda 
que o resto do sistema non o sexa, como ocorre case sempre), seguiremos na 
liña na que imos e queremos ir.

> Porei algo en Trasno sobre LinuxMint, do estilo: "actualmente, JMCS
> ten traducida a próxima versión 8, Helena", ou así...

«E RMS endexamais traduciría un sistema tal ao Galego, aínda que fose o único 
tradutor ao galego sobre a face da terra.» XD

Por certo, o de "ter [participio]"... non estou seguro de que ese sexa o uso 
correcto. Creo que o uso non é para tempos perfectos senón para expresar 
repetición (ten traducido = traduciu varias veces). Non sei se algún 
(semi)lingüista pode desmentirmo/confirmarmo.

Responderlle a