2009/10/27 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> [...] lera (como é o pretérito do subxuntivo de ler?) [...]
>
> Coido que o escribiches ben.

Eu tamén opino que o dixeches ben e a gramática galega non protestou.
Así que debe ser correcto.

O que JMCS quería preguntar era polo pluscuamperfecto de indicativo

        Por lo que había leído > Polo que lera

Que é distinto do perfecto de subxuntivo e que non acae na frase

        Si no hubiese leido > Se non lese - ou lera-  (*se non tivese lido)

Si, en galego o subxuntivo ten tanto << come-se/ra >>, o de indicativo
só << come-ra >>


>
>> [...] case valería a pena, por tentar atraer a máis
>> xente ao eido da tradución de SL e tal... pola vía de atraelos antes a
>> seren usuarios de SL, vaia.
>
> Supoño que mentres o software traducido en si mesmo sexa software libre (aínda
> que o resto do sistema non o sexa, como ocorre case sempre), seguiremos na
> liña na que imos e queremos ir.
>
>> Porei algo en Trasno sobre LinuxMint, do estilo: "actualmente, JMCS
>> ten traducida a próxima versión 8, Helena", ou así...
>
> «E RMS endexamais traduciría un sistema tal ao Galego, aínda que fose o único
> tradutor ao galego sobre a face da terra.» XD
>
> Por certo, o de "ter [participio]"... non estou seguro de que ese sexa o uso
> correcto. Creo que o uso non é para tempos perfectos senón para expresar
> repetición (ten traducido = traduciu varias veces). Non sei se algún
> (semi)lingüista pode desmentirmo/confirmarmo.

Non son semiliingüista, :-D  pero a ver se non me equivoco que o
asunto é esvaradío

A autoridade téñena os falantes

TER + Participio. Hai que distinguir o uso como perífrase, válido, e o
uso como tempo composto, incorrecto. E non se comporta igual se TER
está en presente, en imperfecto ou en subxuntivo.

1. Teño traducido o que me pediches  (non vexo eu a reiteración,
véxase o exemplo 5)
2. Ten traducido cousas dese tipo (si a vexo)
3. Tiña traducido o choio cando ti chegaches (que xa acabara, vamos)
4. Se o tivese traducido xa podía ir ao magosto (pero como chegou a
facelo nin sequera unha vez, queda sen castañas)
5. Tería traducidas unhas vinte liñas  (isto xa é outro tema)

En consecuencia,

Non é correcto en galego " JMCS ten traducido a próxima versión ..."
(sería un castelanismo derivado de "ha traducido")
É correcto en galego "JMCS ten traducida a próxima versión..." (porque
así é o estado en que a ten: traducida)

Ha traducido el programa > Traduciu o programa e por tanto "teno" traducido
Ha hecho traducciones > Fixo traducións/Ten feito traducións
(repetidamente)/Ten feitas traducións. Depende do sentido no contexto.

Para simplificar: Ter + participio non só vale con valor reiterativo.
Ten outros usos pero non coinciden cos dos tempos do castelán

Si (con valor de perífrase reiterativa ou como adxectivo ) -> Ten oído
misa, ten oída a misa... pero non ten nada que ver co castelán "ha
oído misa" (oíu misa)
Non (con valor puramente temporal)-> *Se non tivese oído misa (Se non oíse misa)
Si (con valor de perífrase perfectiva) -> Ten oído moitas naquel
tempo; Tiñas oído misa antes de volver para a casa







>

Responderlle a