Ola, envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao glosario das Trasnadas.
Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión, máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto tácitos como recollidos en glosarios anteriores. @marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology. Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos asistentes para que fagan o traballo de "desbrozamento" durante os próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é: * Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...) * Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese, ...) * Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools, window, options, preferences, ...) * Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra, panel, ...) * Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles (basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel Bouzada) Agora a lista de terminoloxía discutida: * about to # a piques de (estilo) (tradución moi asentada) # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia) * account # conta (tradución moi asentada) * add # engadir (DRAG, tradución moi asentada) # NON USAR: adicionar # NON USAR: añadir # NON USAR: agregar * address (substantivo) # enderezo (tradución moi asentada) # NON USAR: dirección # NON USAR: direción # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous conceptos: + Enderezo dun recurso nunha rede. + Enderezo dunha posición na memoria. * align (verbo) # aliñar (DRAG, tradución moi asentada) # NON USAR: alinear * “align center” # centrar (tradución moi asentada) # NON USAR: aliñar no centro # NON USAR: aliñar ao centro # NON USAR: aliñar centralmente # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas (mirar arriba) * alignment/align (substantivo) # aliñamento (DRAG) # NON USAR: aliñación * allocate # asignar (tradución moi asentada) # NON USAR: alocatar # NON USAR: alocar * allocation # asignación (tradución moi asentada) # NON USAR: alocación * appearance # aparencia (DRAG, tradución moi asentada) # NON USAR: apariencia # NON USAR: aspecto * array # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada) # NON USAR: vector # NON USAR: array # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de máis. + Mirar https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/array.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup * arrow # frecha (DRAG, tradución moi asentada) # NON USAR: flecha * assign # asignar (tradución moi asentada) * assignment # asignación (tradución moi asentada) * attribute # atributo (tradución moi asentada) # NON USAR: característica * axis # eixe (preferida DRAG) # NON USAR: eixo * background # fondo (tradución moi asentada) * bitmap # mapa de bits (tradución moi asentada) * broadband/broad band # banda larga (tradución moi asentada) # NON USAR: banda ampla # NON USAR: banda ancha * browse # navegar (tradución moi asentada) + Só navegar polo web, non o resto de "browses". * (web) browser # navegador (web) (tradución moi asentada) + Só o navegador web, non o resto de "browsers". * button # botón (tradución moi asentada) * cache (substantivo) # caché (tradución moi asentada) # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de máis. + Mirar https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/cache.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup * canvas # lenzo (tradución moi asentada) # NON USAR: área de debuxo * cell # cela (tradución moi asentada) # NON USAR: celda * center/centre (verbo/substantivo) # centro (DRAG, tradución moi asentada) # centrar (DRAG, tradución moi asentada) * channel (verbo/substantivo) # canle (tradución moi asentada) # NON USAR: canal (As acepcións do DRAG refírense a cousas físicas) * click (verbo) # premer (en) (tradución moi asentada) + Exemplo: "premer nun botón" + Empregar "premer" (sen o "en") só cando sexa premer sen indicar en que se debe premer. # NON USAR: calcar # NON USAR: facer click # NON USAR: facer clic # NON USAR: clicar # NON USAR: pulsar # NON USAR: oprimir # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de máis. * client/server # cliente (tradución moi asentada) # servidor (tradución moi asentada) * clock # reloxo (DRAG, tradución moi asentada) # NON USAR: reloxio * cursor # cursor (DRAG, tradución moi asentada) * disc/disk # disco (DRAG, tradución moi asentada) * draft # borrador (DRAG) # NON USAR: esbozo # NON USAR: bosquexo * drag # arrastrar (tradución moi asentada) * drag and drop/drag & drop # arrastrar e soltar (tradución moi asentada) # NON USAR: arrastrar e deixar * draw # debuxar (DRAG) # NON USAR: dibuxar * drawing # debuxo (DRAG) # NON USAR: dibuxo * drop # soltar (tradución moi asentada) # NON USAR: deixar * editor # editor (tradución moi asentada) * emoticon # emoticona (tradución moi asentada) # NON USAR: emoticón # NON USAR: emoticon # NON USAR: cariña # NON USAR: icona de emoción # Discutir "smiley" xunto con isto. * execute/run # executar (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución moi asentada) # NON USAR: correr # NON USAR: lanzar # NON USAR: iniciar * execution/run(substantivo) # execución (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución moi asentada) * field # campo (DRAG: só referido a base de datos, pero non por exemplo ao campo dun formulario, tradución moi asentada) * filesystem/file system # sistema de ficheiros (tradución moi asentada) # NON USAR: sistema de arquivos * forum # foro (tradución moi asentada) * gateway # pasarela (tradución moi asentada) # NON USAR: gateway # NON USAR: porta de enlace * help # axuda (DRAG, tradución moi asentada) # axudar (DRAG, tradución moi asentada) Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto