Tamén hai que facer unha nova sobre a «Faena»

http://awesomescreenshot.com/0771z0yoc8

:-D

2013/11/17 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> Ola,
> envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última
> Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles
> termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao
> glosario das Trasnadas.
>
> Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión,
> máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto
> tácitos como recollidos en glosarios anteriores.
>
> @marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha
> ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para
> facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology.
>
> Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos
> asistentes para que fagan o traballo de "desbrozamento" durante os
> próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala
> na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos
> aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta
> terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por
> varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois
> poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é:
>
> * Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...)
> * Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese, 
> ...)
> * Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools,
> window, options, preferences, ...)
> * Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra,
> panel, ...)
> * Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles
> (basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel
> Bouzada)
>
>
> Agora a lista de terminoloxía discutida:
>
>
> * about to
>     # a piques de (estilo)  (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia)
>
> * account
>     # conta (tradución moi asentada)
>
> * add
>     # engadir (DRAG, tradución moi asentada)
>     # NON USAR: adicionar
>     # NON USAR: añadir
>     # NON USAR: agregar
>
> * address (substantivo)
>     # enderezo (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: dirección
>     # NON USAR: direción
>     # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous conceptos:
>         + Enderezo dun recurso nunha rede.
>         + Enderezo dunha posición na memoria.
>
> * align (verbo)
>     # aliñar (DRAG, tradución moi asentada)
>     # NON USAR: alinear
>
> * “align center”
>     # centrar (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: aliñar no centro
>     # NON USAR: aliñar ao centro
>     # NON USAR: aliñar centralmente
>     # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas
> (mirar arriba)
>
> * alignment/align (substantivo)
>     # aliñamento (DRAG)
>     # NON USAR: aliñación
>
> * allocate
>     # asignar (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: alocatar
>     # NON USAR: alocar
>
> * allocation
>     # asignación (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: alocación
>
> * appearance
>     # aparencia (DRAG, tradución moi asentada)
>     # NON USAR: apariencia
>     # NON USAR: aspecto
>
> * array
>     # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: vector
>     # NON USAR: array
>     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de 
> máis.
>         + Mirar
> https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/array.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
>
> * arrow
>     # frecha (DRAG, tradución moi asentada)
>     # NON USAR: flecha
>
> * assign
>     # asignar (tradución moi asentada)
>
> * assignment
>     # asignación (tradución moi asentada)
>
> * attribute
>     # atributo (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: característica
>
> * axis
>     # eixe (preferida DRAG)
>     # NON USAR: eixo
>
> * background
>     # fondo (tradución moi asentada)
>
> * bitmap
>     # mapa de bits (tradución moi asentada)
>
> * broadband/broad band
>     # banda larga (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: banda ampla
>     # NON USAR: banda ancha
>
> * browse
>     # navegar (tradución moi asentada)
>      + Só navegar polo web, non o resto de "browses".
>
> * (web) browser
>     # navegador (web) (tradución moi asentada)
>         + Só o navegador web, non o resto de "browsers".
>
> * button
>     # botón (tradución moi asentada)
>
> * cache (substantivo)
>     # caché (tradución moi asentada)
>     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de 
> máis.
>         + Mirar
> https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/cache.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
>
> * canvas
>     # lenzo (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: área de debuxo
>
> * cell
>     # cela (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: celda
>
> * center/centre (verbo/substantivo)
>     # centro (DRAG, tradución moi asentada)
>     # centrar (DRAG, tradución moi asentada)
>
> * channel (verbo/substantivo)
>     # canle (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: canal (As acepcións do DRAG refírense a cousas físicas)
>
> * click (verbo)
>     # premer (en)  (tradución moi asentada)
>         + Exemplo: "premer nun botón"
>         + Empregar "premer" (sen o "en") só cando sexa premer sen
> indicar en que se debe premer.
>     # NON USAR: calcar
>     # NON USAR: facer click
>     # NON USAR: facer clic
>     # NON USAR: clicar
>     # NON USAR: pulsar
>     # NON USAR: oprimir
>     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de 
> máis.
>
> * client/server
>     # cliente (tradución moi asentada)
>     # servidor (tradución moi asentada)
>
> * clock
>     # reloxo (DRAG, tradución moi asentada)
>     # NON USAR: reloxio
>
> * cursor
>     # cursor (DRAG, tradución moi asentada)
>
> * disc/disk
>     # disco (DRAG, tradución moi asentada)
>
> * draft
>     # borrador (DRAG)
>     # NON USAR: esbozo
>     # NON USAR: bosquexo
>
> * drag
>     # arrastrar (tradución moi asentada)
>
> * drag and drop/drag & drop
>     # arrastrar e soltar (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: arrastrar e deixar
>
> * draw
>     # debuxar (DRAG)
>     # NON USAR: dibuxar
>
> * drawing
>     # debuxo (DRAG)
>     # NON USAR: dibuxo
>
> * drop
>     # soltar (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: deixar
>
> * editor
>     # editor (tradución moi asentada)
>
> * emoticon
>     # emoticona (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: emoticón
>     # NON USAR: emoticon
>     # NON USAR: cariña
>     # NON USAR: icona de emoción
>     # Discutir "smiley" xunto con isto.
>
> * execute/run
>     # executar (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución moi 
> asentada)
>     # NON USAR: correr
>     # NON USAR: lanzar
>     # NON USAR: iniciar
>
> * execution/run(substantivo)
>     # execución (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución
> moi asentada)
>
> * field
>     # campo (DRAG: só referido a base de datos, pero non por exemplo
> ao campo dun formulario, tradución moi asentada)
>
> * filesystem/file system
>     # sistema de ficheiros (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: sistema de arquivos
>
> * forum
>     # foro (tradución moi asentada)
>
> * gateway
>     # pasarela (tradución moi asentada)
>     # NON USAR: gateway
>     # NON USAR: porta de enlace
>
> * help
>     # axuda (DRAG, tradución moi asentada)
>     # axudar (DRAG, tradución moi asentada)
>
>
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a