2013/11/18 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Tamén hai que facer unha nova sobre a «Faena»
>
> http://awesomescreenshot.com/0771z0yoc8
>
> :-D

Claro que si, e outra media ducia de cousas. Pero por favor non me
emporques o fío con cousas que non veñen a conto.

Algún problema coa terminoloxía?

Deica

> 2013/11/17 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> Ola,
>> envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última
>> Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles
>> termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao
>> glosario das Trasnadas.
>>
>> Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión,
>> máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto
>> tácitos como recollidos en glosarios anteriores.
>>
>> @marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha
>> ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para
>> facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology.
>>
>> Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos
>> asistentes para que fagan o traballo de "desbrozamento" durante os
>> próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala
>> na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos
>> aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta
>> terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por
>> varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois
>> poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é:
>>
>> * Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...)
>> * Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese, 
>> ...)
>> * Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools,
>> window, options, preferences, ...)
>> * Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra,
>> panel, ...)
>> * Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles
>> (basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel
>> Bouzada)
>>
>>
>> Agora a lista de terminoloxía discutida:
>>
>>
>> * about to
>>     # a piques de (estilo)  (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia)
>>
>> * account
>>     # conta (tradución moi asentada)
>>
>> * add
>>     # engadir (DRAG, tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: adicionar
>>     # NON USAR: añadir
>>     # NON USAR: agregar
>>
>> * address (substantivo)
>>     # enderezo (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: dirección
>>     # NON USAR: direción
>>     # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous conceptos:
>>         + Enderezo dun recurso nunha rede.
>>         + Enderezo dunha posición na memoria.
>>
>> * align (verbo)
>>     # aliñar (DRAG, tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: alinear
>>
>> * “align center”
>>     # centrar (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: aliñar no centro
>>     # NON USAR: aliñar ao centro
>>     # NON USAR: aliñar centralmente
>>     # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas
>> (mirar arriba)
>>
>> * alignment/align (substantivo)
>>     # aliñamento (DRAG)
>>     # NON USAR: aliñación
>>
>> * allocate
>>     # asignar (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: alocatar
>>     # NON USAR: alocar
>>
>> * allocation
>>     # asignación (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: alocación
>>
>> * appearance
>>     # aparencia (DRAG, tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: apariencia
>>     # NON USAR: aspecto
>>
>> * array
>>     # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: vector
>>     # NON USAR: array
>>     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de 
>> máis.
>>         + Mirar
>> https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/array.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
>>
>> * arrow
>>     # frecha (DRAG, tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: flecha
>>
>> * assign
>>     # asignar (tradución moi asentada)
>>
>> * assignment
>>     # asignación (tradución moi asentada)
>>
>> * attribute
>>     # atributo (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: característica
>>
>> * axis
>>     # eixe (preferida DRAG)
>>     # NON USAR: eixo
>>
>> * background
>>     # fondo (tradución moi asentada)
>>
>> * bitmap
>>     # mapa de bits (tradución moi asentada)
>>
>> * broadband/broad band
>>     # banda larga (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: banda ampla
>>     # NON USAR: banda ancha
>>
>> * browse
>>     # navegar (tradución moi asentada)
>>      + Só navegar polo web, non o resto de "browses".
>>
>> * (web) browser
>>     # navegador (web) (tradución moi asentada)
>>         + Só o navegador web, non o resto de "browsers".
>>
>> * button
>>     # botón (tradución moi asentada)
>>
>> * cache (substantivo)
>>     # caché (tradución moi asentada)
>>     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de 
>> máis.
>>         + Mirar
>> https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/cache.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
>>
>> * canvas
>>     # lenzo (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: área de debuxo
>>
>> * cell
>>     # cela (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: celda
>>
>> * center/centre (verbo/substantivo)
>>     # centro (DRAG, tradución moi asentada)
>>     # centrar (DRAG, tradución moi asentada)
>>
>> * channel (verbo/substantivo)
>>     # canle (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: canal (As acepcións do DRAG refírense a cousas físicas)
>>
>> * click (verbo)
>>     # premer (en)  (tradución moi asentada)
>>         + Exemplo: "premer nun botón"
>>         + Empregar "premer" (sen o "en") só cando sexa premer sen
>> indicar en que se debe premer.
>>     # NON USAR: calcar
>>     # NON USAR: facer click
>>     # NON USAR: facer clic
>>     # NON USAR: clicar
>>     # NON USAR: pulsar
>>     # NON USAR: oprimir
>>     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de 
>> máis.
>>
>> * client/server
>>     # cliente (tradución moi asentada)
>>     # servidor (tradución moi asentada)
>>
>> * clock
>>     # reloxo (DRAG, tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: reloxio
>>
>> * cursor
>>     # cursor (DRAG, tradución moi asentada)
>>
>> * disc/disk
>>     # disco (DRAG, tradución moi asentada)
>>
>> * draft
>>     # borrador (DRAG)
>>     # NON USAR: esbozo
>>     # NON USAR: bosquexo
>>
>> * drag
>>     # arrastrar (tradución moi asentada)
>>
>> * drag and drop/drag & drop
>>     # arrastrar e soltar (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: arrastrar e deixar
>>
>> * draw
>>     # debuxar (DRAG)
>>     # NON USAR: dibuxar
>>
>> * drawing
>>     # debuxo (DRAG)
>>     # NON USAR: dibuxo
>>
>> * drop
>>     # soltar (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: deixar
>>
>> * editor
>>     # editor (tradución moi asentada)
>>
>> * emoticon
>>     # emoticona (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: emoticón
>>     # NON USAR: emoticon
>>     # NON USAR: cariña
>>     # NON USAR: icona de emoción
>>     # Discutir "smiley" xunto con isto.
>>
>> * execute/run
>>     # executar (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución moi 
>> asentada)
>>     # NON USAR: correr
>>     # NON USAR: lanzar
>>     # NON USAR: iniciar
>>
>> * execution/run(substantivo)
>>     # execución (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución
>> moi asentada)
>>
>> * field
>>     # campo (DRAG: só referido a base de datos, pero non por exemplo
>> ao campo dun formulario, tradución moi asentada)
>>
>> * filesystem/file system
>>     # sistema de ficheiros (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: sistema de arquivos
>>
>> * forum
>>     # foro (tradución moi asentada)
>>
>> * gateway
>>     # pasarela (tradución moi asentada)
>>     # NON USAR: gateway
>>     # NON USAR: porta de enlace
>>
>> * help
>>     # axuda (DRAG, tradución moi asentada)
>>     # axudar (DRAG, tradución moi asentada)
>>
>>
>>
>> Deica
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a