[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Leandro Regueiro
2008/5/20 damufo :
>
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>>
>> 2008/5/20 damufo :
>>>
>>> Leandro Regueiro escribiu:

 Ola, polo visto Jacobo sigue vivo e con ganas, e acaba de publicar
 notas sobre a súa forma de traballo no seu blog


 http://raw-output.org/20080520/galician-debconf-template-translation-workflow

 Por outra parte acabo de ver en http://www.agnix.org/?q=node/1582 que
 usan pestana para referirse a tab. Supoño que con isto volveremos
 abrir o debate da terminoloxía, de por que nós escollemos tab=lingüeta
 e por que en Mancomun usan tab=separador. Na miña opinión lingüeta é
 mellor opción ca separador xa que eu uso separador para me referir a
 outro "widget". Mentres non se estandarice unha tradución e a usemos
 todos por todas partes, seguirán pasando cousas coma esta...
>>>
>>> Eu penso que outra boa tradución é aba
>>>
>>> Marce's guide

 Ás abas tamén se lles chama linguetas ou separadores. Á área asociada a
 cada aba chámaselle páxina, lingueta ou separador. (Cfr. tab, no
 glosario).
>>>
>>> Marce podes engadir logo tamén pestana.
>>
>> O que ten de bo aba é que ten tres letras, coma "tab", pero é mellor
>> coller unha tradución e usala sempre, porque senón a xente non se
>> entera. Pestana non vale. Iso xa quedara moi claro cando se discutiu o
>> tema hai xa tempo.
>
> Por que non coller aba? xa que ten de bo que ten tres letras igual que tab.
>  miña outra opción é lingüeta. Haberá que preguntarlle aos sabios que
> opinan, non?

Claro. Mensaxe reenviada a g11n.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Mar Castro
Ola a todos.

Logo de estar a semana pasada ausente (por cuestións familiares) retomo 
esta semana o traballo (aínda teño máis de 100 correo desta lista 
pendentes de ler, si que estivestes activos... :-D)

Non vou responder a como se debería traducir "tab", porque eu non estou 
dentro dese grupo de "sabios" que mencionades. Algún lingüista na sala? ;-)

Só vou engadir unha pregunta a este tema. Porque aba? Alguén me pode 
explicar cal é a acepción ou a metáfora para empregar aba para traducir 
tab? Eu a verdade se vexo "aba" non entendo iso. O de separador lémbrame 
aos separadores das carpetas ou arquivos en caixoeiros antigos e polo 
menos o entendo (aínda que me poida gustar máis ou menos)

Busquei o termo "aba" no dicionario por se tiña algunha acepción que eu 
descoñecía pero sigo sen vela. 
(http://digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=35&buscado=ABA&opcion=entrada)

Alguén que nos ilumine?

graciñas



> 2008/5/20 damufo :
>   
>> Leandro Regueiro escribiu:
>> 
>>> 2008/5/20 damufo :
>>>   
 Leandro Regueiro escribiu:
 
> Ola, polo visto Jacobo sigue vivo e con ganas, e acaba de publicar
> notas sobre a súa forma de traballo no seu blog
>
>
> http://raw-output.org/20080520/galician-debconf-template-translation-workflow
>
> Por outra parte acabo de ver en http://www.agnix.org/?q=node/1582 que
> usan pestana para referirse a tab. Supoño que con isto volveremos
> abrir o debate da terminoloxía, de por que nós escollemos tab=lingüeta
> e por que en Mancomun usan tab=separador. Na miña opinión lingüeta é
> mellor opción ca separador xa que eu uso separador para me referir a
> outro "widget". Mentres non se estandarice unha tradución e a usemos
> todos por todas partes, seguirán pasando cousas coma esta...
>   
 Eu penso que outra boa tradución é aba

 Marce's guide
 
> Ás abas tamén se lles chama linguetas ou separadores. Á área asociada a
> cada aba chámaselle páxina, lingueta ou separador. (Cfr. tab, no
> glosario).
>   
 Marce podes engadir logo tamén pestana.
 
>>> O que ten de bo aba é que ten tres letras, coma "tab", pero é mellor
>>> coller unha tradución e usala sempre, porque senón a xente non se
>>> entera. Pestana non vale. Iso xa quedara moi claro cando se discutiu o
>>> tema hai xa tempo.
>>>   
>> Por que non coller aba? xa que ten de bo que ten tres letras igual que tab.
>>  miña outra opción é lingüeta. Haberá que preguntarlle aos sabios que
>> opinan, non?
>> 
>
> Claro. Mensaxe reenviada a g11n.
>
> Ata logo,
>Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080520/f7a14e62/attachment.htm
 


[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Leandro Regueiro
2008/5/20 Mar Castro :
> Ola a todos.
>
> Logo de estar a semana pasada ausente (por cuestións familiares) retomo esta
> semana o traballo (aínda teño máis de 100 correo desta lista pendentes de
> ler, si que estivestes activos... :-D)
>
> Non vou responder a como se debería traducir "tab", porque eu non estou
> dentro dese grupo de "sabios" que mencionades. Algún lingüista na sala? ;-)
>
> Só vou engadir unha pregunta a este tema. Porque aba? Alguén me pode
> explicar cal é a acepción ou a metáfora para empregar aba para traducir tab?
> Eu a verdade se vexo "aba" non entendo iso. O de separador lémbrame aos
> separadores das carpetas ou arquivos en caixoeiros antigos e polo menos o
> entendo (aínda que me poida gustar máis ou menos)
>
> Busquei o termo "aba" no dicionario por se tiña algunha acepción que eu
> descoñecía pero sigo sen vela.
> (http://digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=35&buscado=ABA&opcion=entrada)
>
> Alguén que nos ilumine?
>
> graciñas


Ola. Pego unha mensaxe que atopei buscando rápido:

2007/6/12 mvillarino :
> O Martes, 12 de Xuño de 2007 09:45, dmunhiz escribiu:
>> Outra cousa:
>> Na actual tradución do Firefox cambiaron lingüeta por separador, debeu
>> ser algo de última hora xa que na tradución (do firefox que eu uso 2.0)
>> aínda o teño como lingüeta.
>> Algún comentario ao respecto?
>> Saúdos
>
> Eu estou a usar para "each tab of a tab widget in a dialog, referring to an
> area" a palabra "páxina", máis que nada porque me ven macanudo para cousas
> como "a páxina «Xeral» do diálogo de configuración" e "desprender esta
> páxina".
> Para esa prolongación que permite pasar dunha páxina para a outra dentro dun
> mesmo diálogo (e segundo teño entendido, de programa en programa dentro do
> xestor de fiestras de moda, ion3), eu antes usaba "pestana", pero desque foi
> asinalada como incorrecta ando algo perdido, e estou a usar "separador"
> maioritariamente, e posibelmente use "aba", baseándome na cuarta definición
> do dicionario de edu.xunta.es [1], que concorda coas que dá o estraviz [2];
> de lingueta non atopo nos dicionarios referencia a "prolongación", polo que
> non a uso.
>
>
> [1]http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=5
> [2]http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisar&dicSearch=aba&searchType=exact


Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread damufo


Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/5/20 Mar Castro :
>> Ola a todos.
>>
>> Logo de estar a semana pasada ausente (por cuestións familiares) retomo esta
>> semana o traballo (aínda teño máis de 100 correo desta lista pendentes de
>> ler, si que estivestes activos... :-D)
>>
>> Non vou responder a como se debería traducir "tab", porque eu non estou
>> dentro dese grupo de "sabios" que mencionades. Algún lingüista na sala? ;-)
>>
>> Só vou engadir unha pregunta a este tema. Porque aba? Alguén me pode
>> explicar cal é a acepción ou a metáfora para empregar aba para traducir tab?
>> Eu a verdade se vexo "aba" non entendo iso. O de separador lémbrame aos
>> separadores das carpetas ou arquivos en caixoeiros antigos e polo menos o
>> entendo (aínda que me poida gustar máis ou menos)
>>
>> Busquei o termo "aba" no dicionario por se tiña algunha acepción que eu
>> descoñecía pero sigo sen vela.
>> (http://digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=35&buscado=ABA&opcion=entrada)
>>
>> Alguén que nos ilumine?
>>
>> graciñas
> 
> 
> Ola. Pego unha mensaxe que atopei buscando rápido:
> 
> 2007/6/12 mvillarino :
>> O Martes, 12 de Xuño de 2007 09:45, dmunhiz escribiu:
>>> Outra cousa:
>>> Na actual tradución do Firefox cambiaron lingüeta por separador, debeu
>>> ser algo de última hora xa que na tradución (do firefox que eu uso 2.0)
>>> aínda o teño como lingüeta.
>>> Algún comentario ao respecto?
>>> Saúdos
>> Eu estou a usar para "each tab of a tab widget in a dialog, referring to an
>> area" a palabra "páxina", máis que nada porque me ven macanudo para cousas
>> como "a páxina «Xeral» do diálogo de configuración" e "desprender esta
>> páxina".
>> Para esa prolongación que permite pasar dunha páxina para a outra dentro dun
>> mesmo diálogo (e segundo teño entendido, de programa en programa dentro do
>> xestor de fiestras de moda, ion3), eu antes usaba "pestana", pero desque foi
>> asinalada como incorrecta ando algo perdido, e estou a usar "separador"
>> maioritariamente, e posibelmente use "aba", baseándome na cuarta definición
>> do dicionario de edu.xunta.es [1], que concorda coas que dá o estraviz [2];
>> de lingueta non atopo nos dicionarios referencia a "prolongación", polo que
>> non a uso.
>>
>>
>> [1]http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=5
>> [2]http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisar&dicSearch=aba&searchType=exact
> 
> 
A definición 2 do estravís di:
Prolongamento dun corpo ou superficie. Ex. As abas da mesa.


[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Mar Castro
Si, si esa definición xa a vira, pero para min non é o mesmo, e o que 
non entendo é como relacionades ambos significados.

Se busco a orixe do termo inglés "tab" nas GUI o que atopo é "GUI tabs 
are modeled after traditional card tabs inserted in paper files or card 
indexes and thus they are often employed to give the user interface a 
more "natural" look"

E para min iso son os separadores que comentaba no correo anterior.
(http://images.google.es/imgres?imgurl=http://www.index-tabs.de/images/ablagesystem.jpg&imgrefurl=http://www.index-tabs.de/&h=441&w=420&sz=31&hl=en&start=2&um=1&tbnid=ivuyeRe_T-lh1M:&tbnh=127&tbnw=121&prev=/images%3Fq%3Dcard%2Bindexes%26um%3D1%26hl%3Den%26client%3Dfirefox-a%26channel%3Ds%26rls%3Dorg.mozilla:es-ES:official%26sa%3DN)
 

Insisto, o que eu pregunto é como relacionades esta acepción coa que 
indicades das abas da mesa.

saúdos
> Leandro Regueiro escribiu:
>   
>> 2008/5/20 Mar Castro :
>> 
>>> Ola a todos.
>>>
>>> Logo de estar a semana pasada ausente (por cuestións familiares) retomo esta
>>> semana o traballo (aínda teño máis de 100 correo desta lista pendentes de
>>> ler, si que estivestes activos... :-D)
>>>
>>> Non vou responder a como se debería traducir "tab", porque eu non estou
>>> dentro dese grupo de "sabios" que mencionades. Algún lingüista na sala? ;-)
>>>
>>> Só vou engadir unha pregunta a este tema. Porque aba? Alguén me pode
>>> explicar cal é a acepción ou a metáfora para empregar aba para traducir tab?
>>> Eu a verdade se vexo "aba" non entendo iso. O de separador lémbrame aos
>>> separadores das carpetas ou arquivos en caixoeiros antigos e polo menos o
>>> entendo (aínda que me poida gustar máis ou menos)
>>>
>>> Busquei o termo "aba" no dicionario por se tiña algunha acepción que eu
>>> descoñecía pero sigo sen vela.
>>> (http://digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=35&buscado=ABA&opcion=entrada)
>>>
>>> Alguén que nos ilumine?
>>>
>>> graciñas
>>>   
>> Ola. Pego unha mensaxe que atopei buscando rápido:
>>
>> 2007/6/12 mvillarino :
>> 
>>> O Martes, 12 de Xuño de 2007 09:45, dmunhiz escribiu:
>>>   
 Outra cousa:
 Na actual tradución do Firefox cambiaron lingüeta por separador, debeu
 ser algo de última hora xa que na tradución (do firefox que eu uso 2.0)
 aínda o teño como lingüeta.
 Algún comentario ao respecto?
 Saúdos
 
>>> Eu estou a usar para "each tab of a tab widget in a dialog, referring to an
>>> area" a palabra "páxina", máis que nada porque me ven macanudo para cousas
>>> como "a páxina «Xeral» do diálogo de configuración" e "desprender esta
>>> páxina".
>>> Para esa prolongación que permite pasar dunha páxina para a outra dentro dun
>>> mesmo diálogo (e segundo teño entendido, de programa en programa dentro do
>>> xestor de fiestras de moda, ion3), eu antes usaba "pestana", pero desque foi
>>> asinalada como incorrecta ando algo perdido, e estou a usar "separador"
>>> maioritariamente, e posibelmente use "aba", baseándome na cuarta definición
>>> do dicionario de edu.xunta.es [1], que concorda coas que dá o estraviz [2];
>>> de lingueta non atopo nos dicionarios referencia a "prolongación", polo que
>>> non a uso.
>>>
>>>
>>> [1]http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=5
>>> [2]http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisar&dicSearch=aba&searchType=exact
>>>   
>> 
> A definición 2 do estravís di:
> Prolongamento dun corpo ou superficie. Ex. As abas da mesa.
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080520/770d624f/attachment.htm
 


[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Leandro Regueiro
2008/5/20 Mar Castro :
> Si, si esa definición xa a vira, pero para min non é o mesmo, e o que non
> entendo é como relacionades ambos significados.
>
> Se busco a orixe do termo inglés "tab" nas GUI o que atopo é "GUI tabs are
> modeled after traditional card tabs inserted in paper files or card indexes
> and thus they are often employed to give the user interface a more "natural"
> look"
>
> E para min iso son os separadores que comentaba no correo anterior.
> (http://images.google.es/imgres?imgurl=http://www.index-tabs.de/images/ablagesystem.jpg&imgrefurl=http://www.index-tabs.de/&h=441&w=420&sz=31&hl=en&start=2&um=1&tbnid=ivuyeRe_T-lh1M:&tbnh=127&tbnw=121&prev=/images%3Fq%3Dcard%2Bindexes%26um%3D1%26hl%3Den%26client%3Dfirefox-a%26channel%3Ds%26rls%3Dorg.mozilla:es-ES:official%26sa%3DN)
> Insisto, o que eu pregunto é como relacionades esta acepción coa que
> indicades das abas da mesa.
>
> saúdos

Eu enviaba a mensaxe para que lle derades a vara directamente ó
culpable, ou sexa, a Marce.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread mvillarino
O Martes, 20 de Maio de 2008, Mar Castro escribiu:
> Insisto, o que eu pregunto é como relacionades esta acepción coa que
> indicades das abas da mesa.
> > A definición 2 do estravís di:
> > Prolongamento dun corpo ou superficie. [...]
Se o elemento ese é parte da área ou superficie do tabwidget, por que non 
pensala como unha extensión ou prolongamento dela?
Separador, como comentaba Leandro, ten un problema: se divides unha vista 
internamente en varias partes ás que lles podas mudar o tamaño, a barra 
delimitadora, esa que se debe arrastrar para mudar o tamaño, é propriamente 
un separador, e estaríamos a empregar o mesmo vocábulo para dúas cousas moi 
diferentes.
Persoalmente, como xa teño dito en trasno, eu persoalmente prefiro referirme a 
iso como "páxina", cando o texto se refere á área e á aba anexa sempre que 
non exista duplicación da palabra páxina (exemplo: se escolle esta acción, 
abrirá unha nova páxina cun duplicado da páxina web). Para referirme á 
prolongación veño empregando "aba", e como alternativa a "páxina"... pois non 
me lembro, non acontece moi a miúdo.
-- 
Best regards
MV
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: This is a digitally signed message part.
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080520/bd2e9e43/attachment.pgp
 


[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Antón Lado
Entendo que a similitude semántica de "aba" con este tipo de  
funcionalidade é un pouco rebuscado. No entanto, houbo neste estreito  
período localizador varias propostas para denominar o termo TAB.  
Entre os palabros que se barallaron ("tab" saíu xa nesta mesma rolda  
hai preto dun ano, pero tamén noutras e noutros "foros" de  
localización de sóftware) estaban SEPARADOR ou DIVISOR, LINGÜETA,  
PESTANA, SOLAPA e LAPELA, entre outras.

Se facemos un pequeno traballo de documentación inicial atoparémonos  
co significado orixinario do termo TAB e de como chegou á  
informática. Neste caso, unha imaxe vale máis ca mil palabras, e a  
ligazón que enviou anteriormente Mar, ben o ilustra, non?

De todas as formas galegas que temos a máis solidaria coas outras  
linguas romances do contorno sería a forma PESTANA, que é a forma que  
utilizan tamén o catalán (PESTANYA, recollido no Termcat) e o español  
(PESTAÑA, supoño que dunha ampliación semántica da acepción "Parte  
saliente y estrecha en el borde de alguna cosa; como en la llanta de  
una rueda de locomotora, en la orilla de un papel o una plancha de  
metal, etc.").

A harmonización coas demais linguas romances é un principio para a  
neoloxía, pero non só, normativamente a RAG (a través das súas  
"Normas ortográficas..." recomenda acudir ao portugués como fonte  
principal de harmonización terminolóxica, polo que o termo SEPARADOR  
ou DIVISOR sería o correspondente, malia ter un significado demasiado  
xenérico. Supoño que este sería o criterio seguido polo Termigal á  
hora de sancionar como preferente esta forma nos programas  
localizados até o de agora.

A forma LAPELA tivo moito éxito no seu día e, se non recordo mal, foi  
a utilizada para a primeira localización do navegador Opera,  
realizada por Galego21. Semánticamente é tamén próxima dada a  
acepción "s f   Parte dunha cousa que queda sobreposta a outra á que  
cobre parcialmente."

De todas estas competidoras, a que sobrevive hoxe nas aplicacións é  
SEPARADOR (cremos que con bo criterio normativo) pero sempre dentro  
do campo semántico dos navegadores (sexan web ou sexan de sistema  
operativo). Parece tamén plausible considerar formas coma LAPELA ou  
PESTANA como formas sinónimas e para funcións que se puidesen  
considerar similares.

Saúdos
Antón Lado

PD. Perdoade pola extensión da msx.


Aquí abaixo podedes ver as diferentes acepcións semánticas recollidas  
dalgúns dos principais dicionarios galegos.


LINGÜETA

  lingüetas.f. 1. Peza do calzado, de coiro ou doutro material  
semellante, que protexe a parte superior do
pé do rozamento dos amallós. A lingüeta do zapato mancábao na empeña.  
SIN. copete. CF. empeña. 2. Especie de laminiña metálica móbil  
dalgúns instrumentos de vento, que abre e cerra o paso do aire.  
Cambioulle a lingüeta ó clarinete. 3. Agulla que indica o peso nunha  
balanza ou romana. A lingüeta marcaba tres quilos xustos. SIN. fiel.  
4. Calquera obxecto pequeno semellante a unha lingua. Unha pequena  
lingüeta impedía o paso de gas. (Dicionario da RAG)


PESTANA

pestanas.f. Cada un dos pelos que nacen nos bordos das pálpebras.  
Metéuseme unha pestana nun ollo. SIN. perfeba. (Dicionario da RAG)

SEPARADOR ou DIVISOR

Definido como adxectivo e substantivo polo dic. Ir Indo:
"adx  Que separa ou serve para separar. Tm s m, referido a dispositivo."

SOLAPA

Solapas.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra, á  
que cobre parcialmente coma, por exemplo, a parte dun sobre, bolsa,  
etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, a parte anterior e  
superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma  
peza ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro  
da tampa. O espía cubría o rostro coas solapas do abrigo. SIN.  
lapela. (Dicionario da RAG)

LAPELA

lapela s.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra,  
á que cobre parcialmente, como por exemplo a parte dun sobre, bolsa,  
etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, ou a parte anterior  
e superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma  
peza, ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro  
da tampa, etc. Cando tiña frío cruzaba as lapelas da chaqueta sobre o  
peito. Nas lapelas do libro vén unha pequena biografía do autor. SIN.  
solapa. (Dicionario da RAG)



[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Roberto Brenlla
Olá,

Só para mencionar que o termo 'aba' é o que teño no meu Firefox, eso
si, está en pt-br. Paga a pena mencionar que outros eleccións de
termos non concordan. Así eu teño 'Favoritos' no canto de
'Marcapáxinas'.

Saúdos cordiais (e noraboa pola gran actividade),
Roberto

2008/5/20 Antón Lado :
> Entendo que a similitude semántica de "aba" con este tipo de
> funcionalidade é un pouco rebuscado. No entanto, houbo neste estreito
> período localizador varias propostas para denominar o termo TAB.
> Entre os palabros que se barallaron ("tab" saíu xa nesta mesma rolda
> hai preto dun ano, pero tamén noutras e noutros "foros" de
> localización de sóftware) estaban SEPARADOR ou DIVISOR, LINGÜETA,
> PESTANA, SOLAPA e LAPELA, entre outras.
>
> Se facemos un pequeno traballo de documentación inicial atoparémonos
> co significado orixinario do termo TAB e de como chegou á
> informática. Neste caso, unha imaxe vale máis ca mil palabras, e a
> ligazón que enviou anteriormente Mar, ben o ilustra, non?
>
> De todas as formas galegas que temos a máis solidaria coas outras
> linguas romances do contorno sería a forma PESTANA, que é a forma que
> utilizan tamén o catalán (PESTANYA, recollido no Termcat) e o español
> (PESTAÑA, supoño que dunha ampliación semántica da acepción "Parte
> saliente y estrecha en el borde de alguna cosa; como en la llanta de
> una rueda de locomotora, en la orilla de un papel o una plancha de
> metal, etc.").
>
> A harmonización coas demais linguas romances é un principio para a
> neoloxía, pero non só, normativamente a RAG (a través das súas
> "Normas ortográficas..." recomenda acudir ao portugués como fonte
> principal de harmonización terminolóxica, polo que o termo SEPARADOR
> ou DIVISOR sería o correspondente, malia ter un significado demasiado
> xenérico. Supoño que este sería o criterio seguido polo Termigal á
> hora de sancionar como preferente esta forma nos programas
> localizados até o de agora.
>
> A forma LAPELA tivo moito éxito no seu día e, se non recordo mal, foi
> a utilizada para a primeira localización do navegador Opera,
> realizada por Galego21. Semánticamente é tamén próxima dada a
> acepción "s f   Parte dunha cousa que queda sobreposta a outra á que
> cobre parcialmente."
>
> De todas estas competidoras, a que sobrevive hoxe nas aplicacións é
> SEPARADOR (cremos que con bo criterio normativo) pero sempre dentro
> do campo semántico dos navegadores (sexan web ou sexan de sistema
> operativo). Parece tamén plausible considerar formas coma LAPELA ou
> PESTANA como formas sinónimas e para funcións que se puidesen
> considerar similares.
>
> Saúdos
> Antón Lado
>
> PD. Perdoade pola extensión da msx.
>
>
> Aquí abaixo podedes ver as diferentes acepcións semánticas recollidas
> dalgúns dos principais dicionarios galegos.
> 
>
> LINGÜETA
>
>  lingüetas.f. 1. Peza do calzado, de coiro ou doutro material
> semellante, que protexe a parte superior do
> pé do rozamento dos amallós. A lingüeta do zapato mancábao na empeña.
> SIN. copete. CF. empeña. 2. Especie de laminiña metálica móbil
> dalgúns instrumentos de vento, que abre e cerra o paso do aire.
> Cambioulle a lingüeta ó clarinete. 3. Agulla que indica o peso nunha
> balanza ou romana. A lingüeta marcaba tres quilos xustos. SIN. fiel.
> 4. Calquera obxecto pequeno semellante a unha lingua. Unha pequena
> lingüeta impedía o paso de gas. (Dicionario da RAG)
>
>
> PESTANA
>
> pestanas.f. Cada un dos pelos que nacen nos bordos das pálpebras.
> Metéuseme unha pestana nun ollo. SIN. perfeba. (Dicionario da RAG)
>
> SEPARADOR ou DIVISOR
>
> Definido como adxectivo e substantivo polo dic. Ir Indo:
> "adx  Que separa ou serve para separar. Tm s m, referido a dispositivo."
>
> SOLAPA
>
> Solapas.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra, á
> que cobre parcialmente coma, por exemplo, a parte dun sobre, bolsa,
> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, a parte anterior e
> superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
> peza ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
> da tampa. O espía cubría o rostro coas solapas do abrigo. SIN.
> lapela. (Dicionario da RAG)
>
> LAPELA
>
> lapela s.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra,
> á que cobre parcialmente, como por exemplo a parte dun sobre, bolsa,
> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, ou a parte anterior
> e superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
> peza, ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
> da tampa, etc. Cando tiña frío cruzaba as lapelas da chaqueta sobre o
> peito. Nas lapelas do libro vén unha pequena biografía do autor. SIN.
> solapa. (Dicionario da RAG)
>
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>



-- 
Roberto Brenlla
CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L.
http://www.tegnix.com
http://www.agnix.org
http://brenlla.blogaliza.org/
VoIP: bren

[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Leandro Regueiro
2008/5/20 Roberto Brenlla :
> Olá,
>
> Só para mencionar que o termo 'aba' é o que teño no meu Firefox, eso
> si, está en pt-br. Paga a pena mencionar que outros eleccións de
> termos non concordan. Así eu teño 'Favoritos' no canto de
> 'Marcapáxinas'.
>
> Saúdos cordiais (e noraboa pola gran actividade),
> Roberto
>
> 2008/5/20 Antón Lado :
>> Entendo que a similitude semántica de "aba" con este tipo de
>> funcionalidade é un pouco rebuscado. No entanto, houbo neste estreito
>> período localizador varias propostas para denominar o termo TAB.
>> Entre os palabros que se barallaron ("tab" saíu xa nesta mesma rolda
>> hai preto dun ano, pero tamén noutras e noutros "foros" de
>> localización de sóftware) estaban SEPARADOR ou DIVISOR, LINGÜETA,
>> PESTANA, SOLAPA e LAPELA, entre outras.
>>
>> Se facemos un pequeno traballo de documentación inicial atoparémonos
>> co significado orixinario do termo TAB e de como chegou á
>> informática. Neste caso, unha imaxe vale máis ca mil palabras, e a
>> ligazón que enviou anteriormente Mar, ben o ilustra, non?
>>
>> De todas as formas galegas que temos a máis solidaria coas outras
>> linguas romances do contorno sería a forma PESTANA, que é a forma que
>> utilizan tamén o catalán (PESTANYA, recollido no Termcat) e o español
>> (PESTAÑA, supoño que dunha ampliación semántica da acepción "Parte
>> saliente y estrecha en el borde de alguna cosa; como en la llanta de
>> una rueda de locomotora, en la orilla de un papel o una plancha de
>> metal, etc.").
>>
>> A harmonización coas demais linguas romances é un principio para a
>> neoloxía, pero non só, normativamente a RAG (a través das súas
>> "Normas ortográficas..." recomenda acudir ao portugués como fonte
>> principal de harmonización terminolóxica, polo que o termo SEPARADOR
>> ou DIVISOR sería o correspondente, malia ter un significado demasiado
>> xenérico. Supoño que este sería o criterio seguido polo Termigal á
>> hora de sancionar como preferente esta forma nos programas
>> localizados até o de agora.
>>
>> A forma LAPELA tivo moito éxito no seu día e, se non recordo mal, foi
>> a utilizada para a primeira localización do navegador Opera,
>> realizada por Galego21. Semánticamente é tamén próxima dada a
>> acepción "s f   Parte dunha cousa que queda sobreposta a outra á que
>> cobre parcialmente."
>>
>> De todas estas competidoras, a que sobrevive hoxe nas aplicacións é
>> SEPARADOR (cremos que con bo criterio normativo) pero sempre dentro
>> do campo semántico dos navegadores (sexan web ou sexan de sistema
>> operativo). Parece tamén plausible considerar formas coma LAPELA ou
>> PESTANA como formas sinónimas e para funcións que se puidesen
>> considerar similares.
>>
>> Saúdos
>> Antón Lado
>>
>> PD. Perdoade pola extensión da msx.
>>
>>
>> Aquí abaixo podedes ver as diferentes acepcións semánticas recollidas
>> dalgúns dos principais dicionarios galegos.
>> 
>>
>> LINGÜETA
>>
>>  lingüetas.f. 1. Peza do calzado, de coiro ou doutro material
>> semellante, que protexe a parte superior do
>> pé do rozamento dos amallós. A lingüeta do zapato mancábao na empeña.
>> SIN. copete. CF. empeña. 2. Especie de laminiña metálica móbil
>> dalgúns instrumentos de vento, que abre e cerra o paso do aire.
>> Cambioulle a lingüeta ó clarinete. 3. Agulla que indica o peso nunha
>> balanza ou romana. A lingüeta marcaba tres quilos xustos. SIN. fiel.
>> 4. Calquera obxecto pequeno semellante a unha lingua. Unha pequena
>> lingüeta impedía o paso de gas. (Dicionario da RAG)
>>
>>
>> PESTANA
>>
>> pestanas.f. Cada un dos pelos que nacen nos bordos das pálpebras.
>> Metéuseme unha pestana nun ollo. SIN. perfeba. (Dicionario da RAG)
>>
>> SEPARADOR ou DIVISOR
>>
>> Definido como adxectivo e substantivo polo dic. Ir Indo:
>> "adx  Que separa ou serve para separar. Tm s m, referido a dispositivo."
>>
>> SOLAPA
>>
>> Solapas.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra, á
>> que cobre parcialmente coma, por exemplo, a parte dun sobre, bolsa,
>> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, a parte anterior e
>> superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
>> peza ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
>> da tampa. O espía cubría o rostro coas solapas do abrigo. SIN.
>> lapela. (Dicionario da RAG)
>>
>> LAPELA
>>
>> lapela s.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra,
>> á que cobre parcialmente, como por exemplo a parte dun sobre, bolsa,
>> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, ou a parte anterior
>> e superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
>> peza, ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
>> da tampa, etc. Cando tiña frío cruzaba as lapelas da chaqueta sobre o
>> peito. Nas lapelas do libro vén unha pequena biografía do autor. SIN.
>> solapa. (Dicionario da RAG)

A min dame igual a tradución que se faga, sempre que usemos todos a
mesma, que non haxa colisións, e que sexa correcta. Falouse hai tempo

[G11n] cousas varias

2008-05-20 Thread Fran Dieguez (Mabishu St.)
eu soio respeitar a traducción historica do proxecto.
Por exemplo en Firefox viñan empregando pestana.

Eu decantome por lapela. Que é galega e coido que se entende en toda 
galiza.
A min "aba" non me sona de nada, vaites que non o oín na miña vida

Saudañas

Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/5/20 Roberto Brenlla :
>   
>> Olá,
>>
>> Só para mencionar que o termo 'aba' é o que teño no meu Firefox, eso
>> si, está en pt-br. Paga a pena mencionar que outros eleccións de
>> termos non concordan. Así eu teño 'Favoritos' no canto de
>> 'Marcapáxinas'.
>>
>> Saúdos cordiais (e noraboa pola gran actividade),
>> Roberto
>>
>> 2008/5/20 Antón Lado :
>> 
>>> Entendo que a similitude semántica de "aba" con este tipo de
>>> funcionalidade é un pouco rebuscado. No entanto, houbo neste estreito
>>> período localizador varias propostas para denominar o termo TAB.
>>> Entre os palabros que se barallaron ("tab" saíu xa nesta mesma rolda
>>> hai preto dun ano, pero tamén noutras e noutros "foros" de
>>> localización de sóftware) estaban SEPARADOR ou DIVISOR, LINGÜETA,
>>> PESTANA, SOLAPA e LAPELA, entre outras.
>>>
>>> Se facemos un pequeno traballo de documentación inicial atoparémonos
>>> co significado orixinario do termo TAB e de como chegou á
>>> informática. Neste caso, unha imaxe vale máis ca mil palabras, e a
>>> ligazón que enviou anteriormente Mar, ben o ilustra, non?
>>>
>>> De todas as formas galegas que temos a máis solidaria coas outras
>>> linguas romances do contorno sería a forma PESTANA, que é a forma que
>>> utilizan tamén o catalán (PESTANYA, recollido no Termcat) e o español
>>> (PESTAÑA, supoño que dunha ampliación semántica da acepción "Parte
>>> saliente y estrecha en el borde de alguna cosa; como en la llanta de
>>> una rueda de locomotora, en la orilla de un papel o una plancha de
>>> metal, etc.").
>>>
>>> A harmonización coas demais linguas romances é un principio para a
>>> neoloxía, pero non só, normativamente a RAG (a través das súas
>>> "Normas ortográficas..." recomenda acudir ao portugués como fonte
>>> principal de harmonización terminolóxica, polo que o termo SEPARADOR
>>> ou DIVISOR sería o correspondente, malia ter un significado demasiado
>>> xenérico. Supoño que este sería o criterio seguido polo Termigal á
>>> hora de sancionar como preferente esta forma nos programas
>>> localizados até o de agora.
>>>
>>> A forma LAPELA tivo moito éxito no seu día e, se non recordo mal, foi
>>> a utilizada para a primeira localización do navegador Opera,
>>> realizada por Galego21. Semánticamente é tamén próxima dada a
>>> acepción "s f   Parte dunha cousa que queda sobreposta a outra á que
>>> cobre parcialmente."
>>>
>>> De todas estas competidoras, a que sobrevive hoxe nas aplicacións é
>>> SEPARADOR (cremos que con bo criterio normativo) pero sempre dentro
>>> do campo semántico dos navegadores (sexan web ou sexan de sistema
>>> operativo). Parece tamén plausible considerar formas coma LAPELA ou
>>> PESTANA como formas sinónimas e para funcións que se puidesen
>>> considerar similares.
>>>
>>> Saúdos
>>> Antón Lado
>>>
>>> PD. Perdoade pola extensión da msx.
>>>
>>>
>>> Aquí abaixo podedes ver as diferentes acepcións semánticas recollidas
>>> dalgúns dos principais dicionarios galegos.
>>> 
>>>
>>> LINGÜETA
>>>
>>>  lingüetas.f. 1. Peza do calzado, de coiro ou doutro material
>>> semellante, que protexe a parte superior do
>>> pé do rozamento dos amallós. A lingüeta do zapato mancábao na empeña.
>>> SIN. copete. CF. empeña. 2. Especie de laminiña metálica móbil
>>> dalgúns instrumentos de vento, que abre e cerra o paso do aire.
>>> Cambioulle a lingüeta ó clarinete. 3. Agulla que indica o peso nunha
>>> balanza ou romana. A lingüeta marcaba tres quilos xustos. SIN. fiel.
>>> 4. Calquera obxecto pequeno semellante a unha lingua. Unha pequena
>>> lingüeta impedía o paso de gas. (Dicionario da RAG)
>>>
>>>
>>> PESTANA
>>>
>>> pestanas.f. Cada un dos pelos que nacen nos bordos das pálpebras.
>>> Metéuseme unha pestana nun ollo. SIN. perfeba. (Dicionario da RAG)
>>>
>>> SEPARADOR ou DIVISOR
>>>
>>> Definido como adxectivo e substantivo polo dic. Ir Indo:
>>> "adx  Que separa ou serve para separar. Tm s m, referido a dispositivo."
>>>
>>> SOLAPA
>>>
>>> Solapas.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra, á
>>> que cobre parcialmente coma, por exemplo, a parte dun sobre, bolsa,
>>> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, a parte anterior e
>>> superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se dobra sobre a mesma
>>> peza ou a da cuberta dun libro que se dobra sobre a parte de dentro
>>> da tampa. O espía cubría o rostro coas solapas do abrigo. SIN.
>>> lapela. (Dicionario da RAG)
>>>
>>> LAPELA
>>>
>>> lapela s.f. Peza ou parte dunha cousa que queda montada sobre outra,
>>> á que cobre parcialmente, como por exemplo a parte dun sobre, bolsa,
>>> etc., que se dobra sobre a abertura para cerrala, ou a parte anterior
>>> e superior dunha chaqueta, abrigo, etc., que se do