> Daniel, ninguén di que non haxa descarga, o que dicía o Xusto é que non é
> necesario esperar a que a descarga termine para empezar a reproducir o
> ficheiro. O complemento "sen descarga" sería, pois, un apócope de "sen
> descarga finalizada", pero si é certo que non é de todo claro.
> Unha pregunta para todos: cando se fala de transmisión, é sinónimo de
> reprodución (como se entende no termo "transmisión sen descarga") ou é (como
> entendía eu) sinónimo de descarga?
> Quero engadir que estes debates son moi moi importantes, porque o que se
> decide neles terá un reflexo no glosarios de termos da comunidade (podo
> chamarlle g11n á comunidade?), que son utilizados por e que sentan un

g11n é a plataforma que montaron os da CIF

> precedente para todas as persoas que traballan en galeguización de software
> (e non só de software libre). Supoño que todos somos conscientes da
> importancia do que facemos aquí, pero non está de mais dicilo ;)

Sinceramente penso que o mellor ha ser "fluxo de vídeo"...

Responderlle a