>>> certamente agora que mo lembras era unha base de datos en sqlite polo
>>> que vou a consultar directamente a base de datos sqlite dende o
>>> fantasdic así me aforro esperar ou depender do teu script ok?
>>
>> Si, SQLITE. Xa che digo que agora estou modificando o script para que
>> devolva resultados exactos, noutra mensaxe miña de hoxe expliquei a
>> razón. Se vas facer ti iso pola túa conta alá ti, pero hai consultas
>> nas que se non é con resultados exactos non son resultados útiles.
>>
>>> se tal selecciona un lugar común onde meter a base de datos. dismo e
>>> logo xa consumo eu dese lugar. algo como
>>> /usr/share/glosario-galego/glosario.sqlite
>>
>> A min dácheme igual o sitio, o script de consulta busca a BD no mesmo
>> directorio, pero para o Fantasdic mellor poñela nun directorio deses.
>
> Haber eu digo de facelo independente xa que o fantasdic está en ruby e é
> unha tontería chamar a unha script intermedio.

Vale, colle o script en Python e reescribeo en Ruby. Non ha ser dificil.

> a min me da exactamente igual parsear o resultado de un script que facer
> unha consulta en SQL diretamente á sqlite. Sempre e cando o script esté
> nun lugar concreto e a base de datos tamén.

O caso é que son varias consultas, polo menos tres.

> O realmente necesario para integralo en fantasdic é ter un termo orixe e
> logo unha descrición/tradución que podo rechear eu co que queira. Con
> isto o que crea é unha instancia da clase Description e o meto dentro
> dun Enumeration que llo paso ao Fantasdic

Fálasme en chinés :) Se precisas explicacións da estrutura da BD e/ou
do código do script pregunta.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a