>>>> Ola,
>>>> como non sei da rolda esa da que me falabades aí tes os erros. Lembra
>>>> que tamén hai máis erros en http://trasno.net/trasno:erros e pode que
>>>> algún dos que hai aquí tamén estea na wiki de Trasno.
>>>
>>> Perfesto grazas
>>
>> Un destes días envíoche máis erros novos. Antón queixouse, e as súas
>> queixas teñen bastante sentido, a ver se conseguimos que isto mellore,
>> porque a verdade é que isto está en cueiros coma quen di.
>
> Ola Leandro,
>
> de onde sacas as traduzóns?
>
> Digoo porque agora revisouse bastante o gnome, e se o sacas de opentran
> non vai estar para nada actualizado.

Pois son do open-Tran. O meu script para sacar as estatísticas sobre
as traducións (e do que as traducións con erros son un produto
secundario e ao principio inesperado) é unha modificación do script de
consulta en local fornecido polos desenvolvedores do open-Tran.

E segundo isto http://gl.open-tran.eu/projects.html e isto
http://open-tran.blogspot.com/2009/04/periodic-updates.html o
open-Tran actualízase contra trunk dúas veces á semana aínda que non
tódalas actualizacións rematan correctamente.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a