> Dalle duro,
>
> mais garda estas mensaxes un mes xa que estamos agora con ubuntu e gnome
> non ten movemento.
>
> Estes días estou algo liado pero me comprometín a facer o plugin en
> Fantasdic e vouno facer de todas habería que estandarizar o lugar onde
> está o executábel e de onde recolle os glosarios e demais temas.
>
> Eu voto por poñer o script en /usr/bin e todo o resto en
> /usr/share/nome-script/. ahí irian tanto as bibliotecas empregadas como
> os glosarios. Eu simplemente despois empregaría chamadas e parsearía o
> que devolve o script para representalo dentro do fantasdic.

Vexo que nin miraches o que enviei :). Hai dous scripts.

O primeiro colle unha recua de ficheiros TBX, os le, e mete os datos
nunha única base de datos. Unha vez que temos a base de datos creada
podémonos esquecer dese script.

O segundo script o que fai é buscar o que lle pasas como parámetro
nesa base de datos que ten todos os datos dos ficheiros TBX.

Ou sexa, que unha vez creada a BD só fan falta a BD e mailo script de consulta.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a