>> Por certo Marce, estabas traballando en meterlle definicións no
>> glosario de Mancomún, non? Se queres repartimos o traballo, que por
>> culpa da XGN agora teño o Lokalize.
>
> Case, pero non. Estou adaptando o glosario ao estilo ...que me peta. O 
> ficheiro
> é público, pero non vos digo onde está porque tendo en conta o pouco orixinal
> que son é evidente.

http://websvn.kde.org/trunk/l10n-kde4/gl/

O que non entendo é por que non está en l10n-support, pero da igual.

>> Por certo, atopei algunha que outra entrada do glosario de Trasno que
>> non aparece no de Mancomún, e non estou falando de que non haxa tanta
>> información (varias traducións, tradución recomendada, traducións
>> prohibidas ou non recomendadas, información contextual,
>> definición...).
>
> Grandioso!, se me dis cales son irei engadíndoas ao glosario.

Supoño que con isto queres todas as entradas do de Trasno que non
están no outro. Dame tempo.

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Reply via email to