>>> Criticas:
>>
>> A orden das traducións é importante (no Lokalize), porque segundo aparezan
>> no ficheiro, así será ofrecidas ao usuario.
>> Por exemplo:
>> directory: ofrece directorio e cartafol
>> Eu case que sempre emprego cartafol, pero na orden de fábrica ven na
>> oposta.
>> Nestes casos, e a falta de soporte para formas preferida, convén por
>> primeiro a que se empregará máis habitualmente.
>>
>> Tamén, dado que a incorporación no texto termo desde o glosario é directa,
>> convén que as expresión, como «de son», tamén sexan na forma máis probábel,
>> no meu caso «do son»
>>
>> Finalmente, baia empalme que collistes coas definicións!, aínda que fosen
>> un pouco máis breves daba igual ;-)
>>
>>
>>> Aliás, hai cousas moi básicas, das que se poden dar por suposto en todo
>>> estudante egresado da secundario, como que "contain" significa o mesmo
>>> que conter e que "actual" significa real. Neste sentido, estas cousas penso
>>> que se deberían retirar.
>>
>> RECTIFICO
>>
>> Prantexar o glosario como un utensilio que haxa de ser útil aos tradutores
>> é quedar a medias no valor que se lle pode tirar. O tradutor debería saber
>> inglés de abondo, e polo tanto as cousas básicas sobrarlle, pero
>>
>> considerando
>> que un glosario non deixa de ser unha listaxe de relacións entre conceptos
>> expresados en distintos idiomas (abreviando, un dicionario bilingüe con ou
>> sen definicións nos idiomas ou nalgúns dos idiomas)
>>
>> expoño
>> que o glosario debe construírse de xeito que resulte de utilidade para o
>> aprendizado da lingua inglesa polo menos co nivel que se estude en
>> preuniversitaria, ademais de para os tradutores de sl do inglés ao galego.
>
>
> Aos señores/as tradutores/as  :-)
>
> Para os efectos da súa constancia e mellor defensa, en vista dos ponderábeis
> argumentos que ofrecen sobre a causa da que se subtrae esta comunicación,
> teño o pracer de lles confirmar que por medio da presente me constitúo, no
> nome e representación propia e non delegada que teño de min mesmo desque
> nacín, en parte, para proceder a contestar no modo e na forma estabelecido
> polas prácticas da comunidade para concordar ou opoñerme ás súas
> pretensións, baseándome para o caso tanto nos feitos como nos factíbeis que
> deban seguir para a melloranza da lingua, polo que rogo que, tras presentar
> este escrito se me teña por presentado e avisados quedan en que termos para
> o futuro respecto das presentes demandas.
>
> É de xustiza.

¿?

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a