Marce Villarino escribiu:
> O Martes 10 Marzo 2009 21:35:40 Marce Villarino escribiu:
>   
>> Criticas:
>>     
>
> A orden das traducións é importante (no Lokalize), porque segundo aparezan no 
> ficheiro, así será ofrecidas ao usuario.
> Por exemplo:
> directory: ofrece directorio e cartafol
> Eu case que sempre emprego cartafol, pero na orden de fábrica ven na oposta.
> Nestes casos, e a falta de soporte para formas preferida, convén por primeiro 
> a que se empregará máis habitualmente.
>
> Tamén, dado que a incorporación no texto termo desde o glosario é directa, 
> convén que as expresión, como «de son», tamén sexan na forma máis probábel, 
> no 
> meu caso «do son»
>
> Finalmente, baia empalme que collistes coas definicións!, aínda que fosen un 
> pouco máis breves daba igual ;-)
>
>   
>> Aliás, hai cousas moi básicas, das que se poden dar por suposto en todo
>> estudante egresado da secundario, como que "contain" significa o mesmo que
>> conter e que "actual" significa real. Neste sentido, estas cousas penso que
>> se deberían retirar.
>>     
>
> RECTIFICO
>
> Prantexar o glosario como un utensilio que haxa de ser útil aos tradutores é 
> quedar a medias no valor que se lle pode tirar. O tradutor debería saber 
> inglés de abondo, e polo tanto as cousas básicas sobrarlle, pero
>
> considerando
> que un glosario non deixa de ser unha listaxe de relacións entre conceptos 
> expresados en distintos idiomas (abreviando, un dicionario bilingüe con ou 
> sen 
> definicións nos idiomas ou nalgúns dos idiomas)
>
> expoño
> que o glosario debe construírse de xeito que resulte de utilidade para o 
> aprendizado da lingua inglesa polo menos co nivel que se estude en 
> preuniversitaria, ademais de para os tradutores de sl do inglés ao galego.
>
> Aí queda.
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   
Aos señores/as tradutores/as  :-)

Para os efectos da súa constancia e mellor defensa, en vista dos 
ponderábeis argumentos que ofrecen sobre a causa da que se subtrae esta 
comunicación, teño o pracer de lles confirmar que por medio da presente 
me constitúo, no nome e representación propia e non delegada que teño de 
min mesmo desque nacín, en parte, para proceder a contestar no modo e na 
forma estabelecido polas prácticas da comunidade para concordar ou 
opoñerme ás súas pretensións, baseándome para o caso tanto nos feitos 
como nos factíbeis que deban seguir para a melloranza da lingua, polo 
que rogo que, tras presentar este escrito se me teña por presentado e 
avisados quedan en que termos para o futuro respecto das presentes 
demandas.

É de xustiza.

Antón Méixome



-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090316/f12e607a/attachment.vcf
 

Responderlle a