2009/3/16 mvillarino <mvillarino en gmail.com>:
>> Só é unha broma Leandro, xogando coa linguaxe xurídica que iniciou Marce. O
>> que quero dicir é que todo o que se está a comentar non cae en saco roto e
>> que eu tamén penso dar a miña opinión.
>
> E iso que só sei algo de instancias e actas!!, destas de cando estiben
> na AA.VV. e de aquelas por enviar escritos aos de costas e estradas,
> que parece que non quixeran facer outra cousa que estragar os activos
> da casa.
>
> [OFF-TOPIC] Falando de costas e estradas: Sabedes que estou ata os
> collóns dos funcionarios, da súa soberbia, de que non teñan ninguén
> asuma ningunha responsabilidade e do silencio administrativo?

Non me fales do tema. Hoxe mesmo fun renovar o carné xove e cheguei,
quedei mirando para as dúas funcionarias ou o que foran (unha estaba
facendo que consultaba algo super interesante na pantalla e a outra
estaba falando ca filliña) durante cinco minutos (aproximadamente), e
despois atenderonme. Cando volvo de pagar para lles entregar os papeis
outra vez o mesmo, pero esta vez "dez minutiños". Polo menos esta vez
fixeronme as cousas (despois dos dez minutiños, claro) ainda que
mentres estabame falando ca filliña (si, ainda).

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a