Exacto, foi así, se non recordo mal. 

Só puntualizar; cando Grueiro o intenta e posteriormente eu (que eramos a 
xente que estaba na lista do mozilla-galician, eu estaba apuntantado tm en 
Galego21) o que pediamos era que o bug de facía un ano ou así de Tarrio 
renunciando, se tivera en conta, pois non fora pechado e oficialmente para 
mozilla o coordenador era el!. Calquera dos que naquel momento intentamos a 
coordenación negouselle porque non aceptaban a renuncia de Tarrio e polo tanto 
non podía asignar un novo cordinador. O pobre de Tarrio amolamolo ata que 
cubriu de novo un bug de renuncia e finalmente finalisimo aceptouse. Ah!, pero 
logo... Mozilla dicia que había dous grupos de tradución e que nos puxermos 
dacordo. Mentira, porque os tramites oficiais só os intentabamos cubrir un só, 
e tampouco había dous grupos. Mais ben habería dúas ducias de xente chea de 
Mozilla e da súa burocracia e do seu concepto de open source e a merda  q'os 
pareu. Nin a Grueiro nin a min (e algún máis que o intentou daquela, creo) se 
nos recoñeceu oficialmente coma coordenador (eu ata crubrín o papeliño firmado 
que había que facer  e envieino por fax ós USA e toda a leria; enchin os 
formularios web e cubrín os bugs correspondentes...). 

Agora á última creo que din que ian/van cambiar o procedemento de tradución e 
que esperarAN, bla bla bla. E agora Ninot de vacaciones en el mar sin mirar o 
correo.  

Se aprenderan da forma de traballar na localización de KDE (ie.) o firefox 
'taría en 120 idiomas, *******!, que son só unha pouca ***** de liñas. 

Mira ti que agora me acordo, creo, que o primeiro que traducín foi Thunderbird 
en Galego21, e logo Songbird. 

PD: Conseguín que me funcione 'flash' no Konqueror así que prometo na vida usar 
Firefox. A integración con KDE 4.x dá noxo. SÓ recoñece os programas GNOME que 
teñas instalado; ie. se premes nun correo electronico salta evolution, de 
explorador salta ese esperpento (IMHO) chamado Nautilus etc. e por defecto 
salta o tema visual máis antigo e carca e ghris que poida haber; parece o KDE 
2.0 ou o GNOME da época (si, non confundo as versións).

On Wednesday 21 May 2008 18:08:54 Leandro Regueiro wrote:
> Ola,
> intentarei dar algo de información, ainda que xa vén de tan lonxe e
> deu a cousa tantas voltas que non sei se me trabucarei...
>
> Estaba Tarrío. Debido a certos cambios no proceso de desenvolvemento
> que afectaban continuamente ó seu traballo nunha época de stress (ou
> iso infiro de http://jacobo.tarrio.org/Traducir_software) parece que o
> deixou, e enviou a mítica mensaxe de correo a Mozilla, só equiparable
> en importancia no mundo do SL á mensaxe na que Linus Torvalds
> anunciaba que estaba perdendo o tempo escribindo un kernel,
> anunciando que o deixaba e que o borraran xa mesmo.
>
> Pero volveu cair na trampa
> (http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla), recordo que
> daquela estaba traducindo a axuda e eu lle botei un ollo, ainda que
> debido á innata superioridade de Tarrío non facía falta ningunha...
>
> Daquela estaban tamén a elo os do renacido galego21, que lle mangaran
> o dominio ó anterior galego21 antes de que se deran conta, e
> traduciron o firefox (disto poderá contar algo Abalde), que creo que
> non lle aceptaban debido a que a xente de Mozilla non borrara a Tarrío
> un ano (ou máis) antes.
>
> Tamén daquela se xuntara un grupo en mozdev para ver se cumprindo os
> trámites oficiais se conseguia ter unha tradución oficial estable,
> ainda que foran outros, coma os de galego21, os que traducian.
>
> Por certo, dixen xa que apareceron os de mancomun e fixeron outra
> tradución collendo de base a de Tarrío?
>
> Entón, despois de varios intentos infructuosos de contactar con eles
> Mariano Grueiro desesperou, e deixoulle o sitio a outro, Miguel
> Branco, creo, ainda que eu tamén andaba por aí a pesar de ver todo moi
> negro... Despois veñen os de Mancomún e intentano tamén. Non sei de
> quen, nin de cando foi o choio do bugzilla, pero por aí foi tamén... e
> claro, pasaron tamén de mancomun, porque Tarrío ainda segue.
>
> Creo que quitan a Tarrío varios anos despois, e os de mancomún despois
> de que os de galego21 o deixarán tamén (o seu paso pola rede lembra ó
> dunha supernova, moi brillante, pero dura pouco), mancomun aproveita o
> feito anteriormente por mozdev para continuar, pero seguen pasando de
> todos nós... non sei se houbo outros grupos... seguen pasando de
> nós....
>
> E por fin aparece alguén de moi riba dicindo que o firefox non está en
> galego porque só hai xente que o pide en galego pero ninguén se ofrece
> a traducir (para min que equivocou a frase, porque o que realmente
> quería dicir é que contactaban con el para que aceptaran as súas
> traducións, ainda que, e mira que isto é raro, ninguén lle pedía o
> firefox en galego)...
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


Responderlle a