"R. Araya" wrote:
> 
> O de enriba borreino porque xa sabes de qué vai.

aha. eu puxérao para que o viran os de trasno como xa dixen.

> > claro, ese é o problema; pero tamén inclúe aos lingüistas. é coma o
> > fútbol, todo o mundo cre que o pode facer mellor que o adestrador de
> > turno.
> >
> > por outra banda eu non discuto a utilidade _xeral_ dos lingüistas; a
> > cousa é que sempre se destaca o feito anecdótico e que causa  hilaridade
> > xeral. ao que me refería é que precisamente por sermos informáticos
> > podemos ter máis razón que a maioría dos lingüistas ao utilizar unhas
> > palabras ou outras. explícome.
> >
> > eu non che discuto por qué do latín ecclesia < grego ekklesia se chegou
> > a igrexa (lingüista) ou por que esa frase de Poe significa o que
> > significa (traductor).
> 
> > o que si podo discutirche _como informático_ é que array non significa
> > arreglo senon vector; e que implementation non significa implantación. e
> > ti dirás: " bah, menuda carallada, iso faríao algún toliño ..."; pois
> > non, é a traducción ao castelán do libro "The C Programming Language, 2º
> > ed" dos propios autores (Brian Kernighan e Dennis Ritchie). claro que
> > como eximente queda que o traduciron informáticos e sudamericanos ;))
> 
> Aí tes toda a razón, pero precisamente por iso cando se emprende unha
> traducción técnica debe facelo un equipo mixto. Iso é así dende que se 
> empezou a
> traducir. No mundo, o mercado máis proveitoso é o das traduccións técnicas,
> e esta práctica é moi común por aí adiante. Pero...

si, ou alomenos asesoramento (de calquera dos dous grupos). claro que
isto que facemos é por amor ao arte, non se pode ter todo nesta vida ...
;))

> > pois iso, que un lingüista/traductor que non sexa programador ou
> > alomenos teña coñecementos de informática (que non estea no teu caso,
> > sen ir máis lonxe); pódeme dicir misa en latín que non lle acepto
> > deslices como os de arriba. a iso me refería eu: neste tipo de casos nós
> > temos máis que dicir que a maioría dos lingüistas (eles dirían que non é
> > arreglo senón amaño, pero seguiría a ser un erro).
>
> Je, e aquí ven o gran PERO
> O problema é que aquí en Galicia non se traballa así (con grupos mixtos). Por 
> contra do que
> ocorre con outras
> linguas, o que máis se traduce non son textos técnicos. Non, son películas 
> para a
> TVG.

xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD

>           Coméntoche isto para que poidas entender o caso "especial" do 
> galego, da
> xente que se dedica a traducir ó galego (que por certo, moitos, por non dicir 
> case todos
> son licenciados en Filoloxía Galega, Inglesa ou a lingua de turno da que 
> traducen, porque o
> segundo sector de traduccións en Galicia é a Literatura). Outro dato 
> importante. Esta xente
> ós que moitos se refiren como "lingüistas" non teñen unha boa formación como 
> terminólogos,
> que é o caso que (creo) vos interesa. Quero dicir, que das tres universidades 
> galegas, só
> unha,
> a de Vigo, ten no plano de estudios de Filoloxía Galega a materia de 
> Terminoloxía. Digo isto
> porque hai
> que telo en conta cando a xente se cabrea porque "un lingüista" como din 
> eles, lles discute
> algo.
>
> Outro dato máis. Aquí en Galicia estivemos sen centro terminolóxico ata hai 
> ben pouco. No
> 1998 creouse
> o Termigal, o centro terminolóxico galego. Teoricamente entre as súas 
> funcións está a de
> coordinar
> equipos sectoriais é dicir, especialistas de informática, por exemplo, e 
> "terminólogos" (que
> non
> lingüistas) para ir enchendo os baleiros terminolóxicos. Digo teoricamente 
> porque o Termigal
> non
> ten (por desgracia) moita publicidade dentro de Galicia, e parece ser que non 
> fan as
> cousas como as deberían facer.

hmm, interesante ...

> Non sei se entendes por onde vou. Eu son traductor e terminólogo, e se 
> decidín participar no
> grupo
> foi precisamente porque vin que era o ÚNICO lugar no que parecían darse as 
> condicións básicas
> de
> traballo (iso á parte de que me guste o Linux). Aquí podemos discutir termos, 
> pero discutilos
> en
> serio, e eu nunca direi que as vosas explicacións me parecen unha carallada, 
> porque estou
> certo de
> que sabedes ó cento por cento do que estades a falar.

síntome afagado :DD

> En fin, creo que me estou pasando un pouco, pero quero que me entendas, 
> quizais a xente
> ve ós lingüistas como os ven precisamente por iso, porque CASE NUNCA en 
> galego se traballou
> así. Desgraciadamente o normal é que o lingüista faga vale-la súa opción, 
> pero se o fai
> é porque moitas veces esquece que está facendo un traballo para unha lingua 
> especializada
> e non para a lingua xeral (que é a que debemos usar e normalizar). Nunha 
> lingua especializada
> pódense empregar termos de lingua xeral dándolle novas acepcións (que é o que 
> se fai
> normalmente)
> tamén se poden adaptar empréstitos, ou simplemente recorrer ós mecanismos de 
> derivación e
> composición da lingua
> para crear novos termos (e isto é a Neoloxía, algo do que me atrevo a dicir 
> que sei moito
> porque é no que levo
> traballando os últimos tres anos).
> A min tamén me gustaría que determinados "lingüistas" fosen menos testáns, 
> pero é o que hai.
> E creo que
> a única solución é que sigamos co traballo emprendido tentando entendernos un 
> pouco mellor.

creo que tes razón en todo o que dis. por iso non comento nada, non por
outra cousa.

> Ala, máis nada. Ou si, subscríbeme a Trasno, se fa-lo favor, e se cres que a 
> xente debería
> ler isto, mándao á lista.

si, xa ordeei que o fixeran ;))) se non recibes nada nun par de días
avisa.

e tamén creo que é interesante que o lea o resto, por iso o mando :))

> Por certo, a próxima semana mirarei se acabo co cap4 (que aquí todo dios fala 
> moito, pero
> u-los texots? Era broma).

non, non é broma. desde hai un par de meses polo menos o tema da
documentación está totalmente parado. logo dos exames e de acabar de
organizar isto, a ver se me poño con outros capítulos da guia e a
acabamos (aínda que non sei se poderemos, isto vai camiño de converterse
na 2º parte da "historia interminable").

por certo, teño gañas de que chegues ao cap5 para ver qué opinas da miña
traducción :DDDD

> Raúl Araya.


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <man...@linuxfan.com>

TraSNO- GNU/Linux en galego [http://trasno.gpul.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de GNU/Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a