Em Terça 11 Julho 2006 12:47, o Daniel Muñiz Fontoira escrebeu: > Alguén podería por un mapa de como chegar. Valeme un do google. > Saudos e grazas.
http://www.usc.es/estaticos/info_xeral/planos/santiago_gl.jpg É o edifício 51 do mapa. A reunión é na Residéncia Monte da Condesa, que está no campus sul da Universidade de Santiago, en Santiago. COMO CHEGAR EN COMBOIO: A estación de comboios é o edifício 31 do mapa. COMO CHEGAR EN AUTOMÓVEL: Desde CORUÑA ou PONTEVEDRA por autoestrada 1) Sair na saída 75 da autoestrada, en dirección Noia, (Santiago Sul). 2) A pouco de sair da autoestrada ha unha rotunda elevada. Subir a rotunda e coller en dirección centro urbano. 3) Na segunda rotunda, realmente unha minirotunda, coller a 3ª rua (a que fica a nosa esquerda antes de entrar na rotunda, e que recebe o nome de Mestre Mateo). Veremos entón unha porta de pedra de entrada ao campus. 4) Tras andar uns poucos metros por Avda. Mestre Mateo viramos á direita, entrando na rua Dr. Angel J. Echeverri, a que aparece no mapa 37 e 45. Estamos xa no campus sul. 5) Segue-se por Angel Echeverri até a Avda. das Ciéncias, virando entón á esquerda pola dita avda (realmente unha rua non moi larga). 6) Segue-se por Avda. das Ciéncias até a sua desembocadura en Novoa Santos, onde cumpre virar á esquerda. 7) Tras andar uns poucos metros por Novoa Santos vira-se á direita por José Maria Suarez Nuñez até un pavillón. 8) Colle-se entón a direita por Xoaquin Diaz de Rábago, até a primeira rua a esquerda, rua pola que cumpre mete-se. Segue-se pola rua até un aparcadoiro, aparca-se e procura-se a Residéncia, que fica diante do aparcadoiro. Desde OURENSE Pouco antes de chegar a Santiago, tanto pola autoestrada como pola estrada, ha unha entrada para a autoestrada A9. Entre-se na autoestrada en dirección Pontevedra e saia-se na seguinte saída, a nº 75, en dirección Noia (Santiago Sul), este treito é gratuito. Sigan-se entón as instrucións anteriores. Desde LUGO Ao sair da autovia que ven de Labacolla tomar en dirección Pontevedra, (Ourense, Santiago Sul, Santiago Este). Aos poucos ha unha entrada para a autoestrada A9, collé-la en dirección Pontevedra, e sair na saída 75 (é a segunda) en dirección Noia. Este treito é gratuito. Sigan-se entón as instrucións anteriores. Desde PONTEVEDRA por estrada. Pasado Milladoiro en dirección Santiago está a saída 75 da A9. Seguir as instrucións anteriores. Desde CORUÑA por estrada. 1) A estrada da Coruña desemboca na Avda de San Caetano, que é onde están os edifícios da Xunta. 2) Siga-se pola Avda de San Caetano, deixando a Xunta a mao esquerda, até unha rotunda con a estatua dun peregrino no meio. Nesa rotunda cumpre coller pola avda de Xoan XXII, que ven sendo a continuación da Avda. de San Caetano. 3) Baixa-se pola avda. Xoan XXII até que se estreita, seguir por ela, polo treito estreito até chegar a zona vella. 4) Deixando a mao direita o Mosteiro de San Francisco, edifício nº 16, baixa-se pola costa de San Francisco até a rua de Entrerrios. 5) Vira-se entón á direita, collendo pola rua Entrerrios. 6) A rua Entrerrios desemboca na rua Galeras. Vira-se entón á esquerda, indo pola rua Galeras, até o final da mesma. 7) A rua Galeras desemboca nun cruce, onde temos que coller á direita pola rua San Lourenzo. 8) Segue-se pola rua San Lourenzo un bon treito até chegar a unha carvalleira, a caballeira de San Lourenzo, ao finalizar esta mini-carvalleira ha un pazo a mao direita. 9) En frente do pazo sobe a rua Xanquín Diaz de Rábago. Sobe-se por esta rua até a primeira rua á direita. Entra-se por esa rua e segue-se até un aparcadoiro, aparca-se e procura-se a Residéncia, que fica diante do aparcadoiro. Se ha alguén que veña por unha estrada distinta que mo diga, que por hoxe xa cansei de dar indicacións. _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno