O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía:

>CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas
>(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o
>meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía
>para parvos a ver se se anima a traducir alguén.

        Que problema tes exactamente?  Polo que vexo na wiki, xa
documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos
entre <code></code>, para que sexa máis lexible).  Puideches finalmente
subir os ficheiros?

        Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o
coordinador.  Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente
prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co CVS/SVN.
Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas contas
para un mesmo grupo de tradución :)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a