On 7/21/06, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> wrote:
On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez <j...@pobox.com> wrote:
> O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía:
>
> >Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
> >resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
> >que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
> >volvelo subir ¿ou non?
>
>         Iso é :)  E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado,
> en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas.
>
> >Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
> >Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
> >OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.
>
>         As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o
> plugin para o dokuwiki.  Se poñemos a wiki como páxina principal,
> temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva,
> por exemplo)
>
>         E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non
> sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada:
>
>         http://dkwk.trasno.net/
>
> >Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
> >abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.
>
>         Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;)
>
> >Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
> >que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
> >pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).
>
>         Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de
> decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non
> moito:
>
>         http://www.trasno.net/update/
>
>         (Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...)


O que non chora non mama ;-). Agora obrígasme a aprender Perl. Ponlle
as cabeceiras e todo.

Ainda que non sei nada de Perl, crin ver que se gardan as táboas nun
ficheiro datos.dat. Eu cría que usaríades unha base de datos ou algo
así, e con scripts en PHP, xa que toda a web estaba feita con PHP.


Vaise seguir usando Perl para a nova web de Trasno?

Ata logo,
              Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a