O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía:

>Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
>resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
>que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
>volvelo subir ¿ou non?

        Iso é :)  E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado, 
en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas.

>Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
>Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
>OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.

        As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o
plugin para o dokuwiki.  Se poñemos a wiki como páxina principal,
temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva,
por exemplo)

        E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non
sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada:

        http://dkwk.trasno.net/

>Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
>abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.

        Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;)

>Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
>que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
>pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).

        Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de
decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non
moito:

        http://www.trasno.net/update/

        (Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a