O Xoves 20 de Xullo de 2006 ás 23:32, Leandro dicía:

>Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou
>traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á
>Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS.

        Eu teño tamén conta no CVS, e podería subir os ficheiros.  O
problema é que non teño tradición de ser eficaz a facer iso (lémbrome que
me mandaches unha actualización da tradución do anaconda, e aínda non a
subín).  A ver se fago un robot para que se suban automaticamente os
ficheiros .po ao recibilos no meu correo.

>ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs
>commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode
>facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me
>avisarán.

        Isto pode ser porque en Fedora o CVS de i18n non é o mesmo que o
CVS xeral (o de desenvolvemento).  Supoño que terán un mecanismo de
actualización do CVS xeral cando un tradutor modifica un ficheiro .po, pero
non cando engade un novo.

        Así que é probable que o ficheiro que engadiches con cvs add non
estea no CVS xeral, polo que é como se non existise.  Eu escribiría a
i...@redhat.com, contando o teu caso e mandándolles o ficheiro .po para que
o engadan eles.

>Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para
>que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora
>Core logo?

        Hai un acceso anónimo ao CVS de i18n :)  Aquí o teño, actualízase
cada día:

        http://www.trasno.net/distribucions/fedora-cvs/

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a