On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez <j...@pobox.com> wrote:
O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía:
>Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
>resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
>que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
>volvelo subir ¿ou non?
Iso é :) E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado,
en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas.
>Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
>Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
>OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.
As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o
plugin para o dokuwiki. Se poñemos a wiki como páxina principal,
temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva,
por exemplo)
E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non
sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada:
http://dkwk.trasno.net/
>Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
>abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.
Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;)
>Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
>que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
>pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).
Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de
decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non
moito:
http://www.trasno.net/update/
(Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...)
O que non chora non mama ;-). Agora obrígasme a aprender Perl. Ponlle
as cabeceiras e todo.
Ainda que non sei nada de Perl, crin ver que se gardan as táboas nun
ficheiro datos.dat. Eu cría que usaríades unha base de datos ou algo
así, e con scripts en PHP, xa que toda a web estaba feita con PHP.
Por certo, o de actualizar contra o ficheiro pot dábame problemas,
pero igual o problema é que non o executaba de forma correcta. Hei
probar para a semana cando volva, que hoxe teño que irme.
Ata logo,
Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno