> b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas
> subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o
> merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor?

Pois se non mudou demasiado, xa o fai o servidor. Se mudou demasiado e hai
algún conflicto, dáche aviso e tes que resolver a cousa: tes un
ficheiro.po.mine , ficheiro.po.r55556 ficheiro.po.r55557. O mine é a túa
versión local, o que ten a revisión máis alta é a versión do servidor. Tes
que facer un

msgmerge ficheiro.po.mine ficheiro.po.r55557 -o ficheiro.po

que crea un ficheiro.po cos conflictos resoltos e as entradas reutilizabeis
que creaches na versión local. Fas un

cvs resolved ficheiro.po

e se borran os ficheiros sobrantes. Xa podes facer o cvs commit. Se usas o
catalogmanager de kbabel é máis doado. Hai unha opción nun menú que é para
resolver conflictos de cvs.


Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta
resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño
que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois
volvelo subir ¿ou non?

E agora que me puxen con Fedora, terei que rematar a miniguía para
parvos. Jesús, moitas gracias por poñer as etiquetas code. Estiven
buscando un xeito de conseguir ese resultado, pero non o atopara.

Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de
Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para
OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas.
Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se
abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir.

Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa,
que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos
pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-).

Ata logo,
                  Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a