>  Si, hai nomes xerados aleatoriamente mediante un programa que xunta
>  partes, pero polo de agora só se me ocorreron "vila, aldea e ribeira"
>  para a primeira parte e "longa, vella e nova" para a segunda parte, o
>  que da un total de 9 combinacións. Tendo en conta que pode haber ata
>  50 ou 60 vilas por mapa temos un serio problema. Se se vos ocorren
>  máis agradeceríavolo. En inglés téñeno fácil, con engadir -ton a
>  calquera parvada xa teñen outro nome.

-iz (allariz)
-uín (abuín, graduín)
-xulfe (frexulfe, berterrexulfe)
-elle (remourelle)
-eira (couvoeira)
val-/vala- (valadouro, antigamente valedouro, val do río d'ouro;
valdinfernos __acabo de lembrar que teño que escreberlle a uns
amigos__)


vil- como en (vilalba)
-burgo (como en san petersburgo)
-briga (como en segobriga - segovia)

-ove (para cousas relativas ás desembocaduras de ríos, en alternativa
a "da foz"), como en ove ou landrove (do río landro)
miñ- (para cousas relativas ao río, excluída a foz) como en miño, miñotos...
our-

E despois hai cousas máis elaboradas: souto- (soutomaior), tras-
(trasmonte), vila- [de -] (vilachá de portocelo, vilaestrofe),
Sua-/xunta- (suaigrexa: por baixo da igrexa; xuntaigrexa)

e seguro que hai cousas máis raras e distintas onde ti vives.

Responderlle a