>> Buf! Eu asumo que os nomes do xogo que non están en inglés, utilizan un
> Ah!, pensaba que empregaba un motor para xerar nomes baseado en partes
> destes, non que tiña unha listaxe cos nomes.

Hai cousas coma o de aethenwood que están na historia do xogo e vai
ser chungo cambialas, ó igual que wesnoth. Mellor esas cousas deixalas
así. Non lembrara eu de fraga, normalmente usei bosque.

Si, hai nomes xerados aleatoriamente mediante un programa que xunta
partes, pero polo de agora só se me ocorreron "vila, aldea e ribeira"
para a primeira parte e "longa, vella e nova" para a segunda parte, o
que da un total de 9 combinacións. Tendo en conta que pode haber ata
50 ou 60 vilas por mapa temos un serio problema. Se se vos ocorren
máis agradeceríavolo. En inglés téñeno fácil, con engadir -ton a
calquera parvada xa teñen outro nome.

> @Leandro: agora que teño rede, cando queirar métocha a malleira esa
> que che prometera aló atrás ;-)

Non lembro tal cousa. A ver este finde me poño a elaborar algo dese
material que teño pendente de crear.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a