2008/9/19 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>  Si, hai nomes xerados aleatoriamente mediante un programa que xunta
>>  partes, pero polo de agora só se me ocorreron "vila, aldea e ribeira"
>>  para a primeira parte e "longa, vella e nova" para a segunda parte, o
>>  que da un total de 9 combinacións. Tendo en conta que pode haber ata
>>  50 ou 60 vilas por mapa temos un serio problema. Se se vos ocorren
>>  máis agradeceríavolo. En inglés téñeno fácil, con engadir -ton a
>>  calquera parvada xa teñen outro nome.
>
> -iz (allariz)

A ver, agradezo moito a túa axuda, pero o programa este o que fai é
coller calquera cousa para poñer na parte do principio e concaténaa
con calquera da segunda, o que poderia dar resultados coma:   vilaiz,
ribeiraiz, aldeaiz   que non me parecen moi normais, ou polo menos eu
nunca oin nin vin nada semellante. As cousas que teño polo de agora
son  aldea, ribeira, aldea     e      nova, vella, longa      o que
daria cousas coma   ribeiralonga, vilalonga, vilavella, aldeanova...

Verei se podo utilizar as túas propostas. Ainda así faltan ideas para
a parte do principio:   aldea, vila, ribeira...

> -uín (abuín, graduín)
> -xulfe (frexulfe, berterrexulfe)
> -elle (remourelle)
> -eira (couvoeira)
> val-/vala- (valadouro, antigamente valedouro, val do río d'ouro;
> valdinfernos __acabo de lembrar que teño que escreberlle a uns
> amigos__)
>
>
> vil- como en (vilalba)
> -burgo (como en san petersburgo)
> -briga (como en segobriga - segovia)
>
> -ove (para cousas relativas ás desembocaduras de ríos, en alternativa
> a "da foz"), como en ove ou landrove (do río landro)
> miñ- (para cousas relativas ao río, excluída a foz) como en miño, miñotos...
> our-
>
> E despois hai cousas máis elaboradas: souto- (soutomaior), tras-
> (trasmonte), vila- [de -] (vilachá de portocelo, vilaestrofe),
> Sua-/xunta- (suaigrexa: por baixo da igrexa; xuntaigrexa)
>
> e seguro que hai cousas máis raras e distintas onde ti vives.

Seguro, pero como xa dixen non todo vale.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a