-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Leandro Regueiro escribiu:
>> Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
>> Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
>> especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
>> Xeración Nós.
> 
> Pola zona de Touro úsase "dende" bastante. Teño a dúbida de se non
> será influencia da TVG...
> 
> 
>> Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
>> "desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
>> concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).
> 
> Eu sempre tendín a usar "dende" porque hai moita xente que ten a
> dúbida de se "desde" é ou non castelanismo e así aforro problemas,
> digo traballo :)
> 
>> Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
>> que... non tedes medida humana.
> 
> Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como esta...
> 
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
> 
> 
Falando con keko esta mañán a súa zona tamén fai uso extensivo na fala e
escrita de dende.

Toda a miña zona fala e escribe dende, a discusión co meu profesor no
seu día veu encamiñada por tomarme o que viña nos libros (defensa de
desde) como algo incambiábel.

Preguntei en Lareta.net para ver o que saco de aí. Pícame a curisidade
se somos catro monos os que empregamos dende en galego e sentimos como
algo forzado empregar "desde". Ou se pola contra a maioría da xente
emprega "desde".

Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrchXoACgkQmLtmJqKk+bj+BQCeNFXsuXSsuDqcS75JbEyr72Fr
s9gAnR6pRe98bCE5k5Bocmmhb0Xh4wBV
=BAK0
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a