Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se escribe. Así: - escríbese "dende", pero pronúnciase "desde" - escríbese "gato" pero lese "jato" (non, non se le ghato. na miña terra non) - escríbese "concello" pero lese "ayuntamiento" - escríbese "xanela" pero lese "ventana"
e máis casos aínda. Así que, se cadra, non che pode axudar moito, jejeje 2009/10/19, Fran Dieguez <[email protected]>: > -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- > Hash: SHA1 > > Leandro Regueiro escribiu: >>> Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de >>> Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura, >>> especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da >>> Xeración Nós. >> >> Pola zona de Touro úsase "dende" bastante. Teño a dúbida de se non >> será influencia da TVG... >> >> >>> Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é >>> "desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e >>> concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán). >> >> Eu sempre tendín a usar "dende" porque hai moita xente que ten a >> dúbida de se "desde" é ou non castelanismo e así aforro problemas, >> digo traballo :) >> >>> Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais >>> que... non tedes medida humana. >> >> Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como >> esta... >> >> Ata logo, >> Leandro Regueiro >> >> > Falando con keko esta mañán a súa zona tamén fai uso extensivo na fala e > escrita de dende. > > Toda a miña zona fala e escribe dende, a discusión co meu profesor no > seu día veu encamiñada por tomarme o que viña nos libros (defensa de > desde) como algo incambiábel. > > Preguntei en Lareta.net para ver o que saco de aí. Pícame a curisidade > se somos catro monos os que empregamos dende en galego e sentimos como > algo forzado empregar "desde". Ou se pola contra a maioría da xente > emprega "desde". > > Saúdos > - -- > Fran Diéguez > http://www.mabishu.com - [email protected] > GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 > > > -----BEGIN PGP SIGNATURE----- > Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) > Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org > > iEYEARECAAYFAkrchXoACgkQmLtmJqKk+bj+BQCeNFXsuXSsuDqcS75JbEyr72Fr > s9gAnR6pRe98bCE5k5Bocmmhb0Xh4wBV > =BAK0 > -----END PGP SIGNATURE----- > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. > -- Saúde, Chaves - http://chav.es

