Ola a todos:
Eu coido que debemos seguir a normativa, que acepta os dous termos. O lóxico 
sería que na mesma tradución se empregase ou sempre desde ou sempre dende. 
Entendémonos e ademais temos riqueza léxica...
Por exemplo, por aquí en Ourense, xente que falou sempre en galego nunca 
utiliza palabras rematadas en -bel. E a normativa acepta -ble e -bel. Se por 
estilo adóitase empregar -bel, pois paréceme ben, pero alguén que use -ble non 
está a meter a pata. Eu desde logo non empreguei nin emprego a terminación -bel.
Un saúdo:

 Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es



----- Mensaje original ----
De: Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
Para: proxecto@trasno.net
Enviado: lun,19 octubre, 2009 20:23
Asunto: Re: Dende

> Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se
>  escribe. Así:
> - escríbese "dende", pero pronúnciase "desde"
> - escríbese "gato" pero lese "jato" (non, non se le ghato. na miña terra
>  non) - escríbese "concello" pero lese "ayuntamiento"
> - escríbese "xanela" pero lese "ventana"
> 
> e máis casos aínda. Así que, se cadra, non che pode axudar moito, jejeje

Pois eu dende que decidimos (ou lin nalgures) que a preferencia na escrita era 
"desde", escribo "desde" (nas traducións polo menos) e pronuncio /dende/. Pero 
tamén pronuncio /pra/ e escribo "para", /gracias/ - "grazas", etc.


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.




Responderlle a