Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG é un
pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
palabras que non recollen no seu dicionario.

https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal

Saúdos.

O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora <fuertescachald...@gmail.com>
escribiu:

> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define canto
> a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a condición
> de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo), parello ao
> que en castelán chman privacidade.
>
> Que vos parece?
>
> Saúde.
>
> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>
>> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata hoxe.
>>
>> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>>
>> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no Digalego.
>> En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>>
>> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>>
>> Privacy Policy → Normas de privanza
>>
>> e fai parella con Security → Seguranza
>>
>> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate case
>> medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un castelanismo
>> que parece provir de América latina (onde nace «privacidad»).
>>
>> O calco directo español de privacy é privacía.
>>
>>
>> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo» porque
>> vén do léxico xurídico.
>>
>> Opinións?
>>
>> _______________________________________________
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>
>
> --
> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás seguintes
> institucións:
> - Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
> - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
> obriga de nos defender):
> sxpl.secreta...@xunta.es
> Moitas Grazas.
>
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a