Lendo as conclusións do artigo da ligazón de Antón, creo como Leandro que
"privacidade" é a mellor opción. Pero só para cando "intimidade" e
"confidencialidade" non sexan traducións correctas, que o poden ser para
algúns contextos de uso de "privacy" en inglés.

2016-02-22 21:56 GMT+01:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:

> O 22 febreiro 2016 21:38, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> >
> > Acabo de atopar, grazas a un colega este artigo que é un exemplo
> excepcional
> > de bo traballo lexicográfico. É longo pero está tan ben que non podo
> deixar
> > de recomendalo efusivamente. Non hai 2 senón 3 niveis semánticos que
> > diferenciar:
> >
> > público//confidencial/privado/íntimo.
> >
> > Concordo absolutamente.
> >
> > http://www.ucm.es/info/especulo/numero21/privaci.html
> >
> >
> > As miñas conclusións
> >
> > ESP
> >
> > confidencialidad
> >          privacidad, vida privada
> >                         intimidad
> >
> > GAL (concepto "reserva sobre circunstancias persoais")
> >
> > confidencialidade
> >         privanza, vida privada
> >                        intimidade
> >
> > Como vedes, non inclúo *privacidade en galego. Entendo que é un préstamos
> > dun neoloxismo do castelán, que xa é rizar o rizo. O único que salvaría a
> > súa aceptación sería que estivese incluído nas traducións xurídicas das
> leis
> > de protección de datos ou sobre o segredo das telecomunicacións porque en
> > principio ten máis que ver co ámbito da vida privada que coa reserva de
> > datos.
> >
> > En resumo, utilícese en principio "confidencialidade", "datos persoais
> > confidenciais" ... aínda que se podería admitir "*privacidade" que está
> no
> > aire, sen saber que se quere dicir.
>
> Persoalmente vexo mellor «privacidade» que «privanza»
>
> http://academia.gal/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=privanza
>
>
> Deica
>
> > O 19 febreiro 2016 20:22, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> >>
> >> Foi un erro meu, o termo sobre o que pregunto é «privacy» non un
> >> inexistente *privacity
> >>
> >> Grazasn tamén Leandro pola recollida, agora podo aclararme mellor
> >>
> >> privacy ten dúas acepcións
> >>   - intimidade
> >>   - confidencialidade
> >>
> >> Aquí do que se trata é de Privacy Policy ou normas sobre a
> >> confidencialidade dos datos persoais, non da relación privada entre
> persoas
> >> e entendo que non é aplicable nos casos que atopamos traducir por
> >> "intimidade"
> >>
> >> Fixádevos neste par:  para "Pretty Good Privacy", "PGP"  (PanInet):
> >> 1. "programa para unha confidencialidade óptima"
> >> 2. "intimidade bastante boa"
> >>
> >> É obvio que a 1ª ten sentido e a segunda non.
> >>
> >> Por tanto, a cuestión é se admitimos que o equivalente para privacy na
> >> acepción de tratamento de datos persoais sería  a) confidencialidade b)
> >> privacidade (un préstamo do español) ... ou c) privanza (recreando o
> valor
> >> desta antiga palabra como se fixo modernamente con : seguranza,
> gobernanza,
> >> cobranza, varianza, ensinanza, avinza, estimanza, sentenza, etc.)
> >>
> >> En galego temos
> >> privar, privación, privado, privanza, privativo, privatización
> >> confidencia, confidencial
> >> intimidade (=privanza)
> >>
> >> Tamén ten relación co inglés "reliable, trustworthy", que traducimos por
> >> *confiable que tampouco está no DRAG. Sei que hai unha diferenza entre
> >> "fiable" e "confiable" pero agora mesmo non importa.
> >>
> >> Resumo: a familia de privar ten moita máis rendibilidade na informática
> >> (privar, privado, privativo, privanza)
> >>
> >> Pensádeo friamente porque necesitamos verbo, substantivo, adxectivo e
> >> poder facer derivados naturais para adaptalo nas interfaces que ás veces
> >> ofrecen moi pouco espazo (vantaxe do en. privacy e por iso triunfa
> >> *privacidade)
> >>
> >> Política de protección de datos persoais (datos privados) =
> política/norma
> >> de privanza = privanza
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >>
> >> O 19 febreiro 2016 12:43, Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
> escribiu:
> >>>
> >>> Concordo totalmente con Leando. «privacity» non existe no glosario
> >>> inglés. Polas buscas que fixen, paréceme que é un erro por tradución
> >>> incorrecta de castelá > inglés .
> >>>
> >>> O 19 febreiro 2016 12:32, Manuel X. Lemos <mxle...@openmailbox.org>
> >>> escribiu:
> >>>>
> >>>>
> >>>> Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto
> si
> >>>> está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como
> >>>> «achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar».
> >>>>
> >>>>
> >>>> O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu:
> >>>>
> >>>> Deches aberto os PDFs? Eu non.
> >>>>
> >>>> Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras,
> >>>> que como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
> >>>> responderon nun día ou dous. suxesti...@portaldaspalabras.org
> >>>>
> >>>> Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
> >>>> «adxuntar», «nominación», «redirección».
> >>>>
> >>>> Saúdos
> >>>>
> >>>> O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome <cert...@certima.net>
> escribiu:
> >>>>>
> >>>>> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
> >>>>>
> >>>>> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto.
> >>>>> Fíxate que o preceden de asterisco
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o
> seu
> >>>>> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos
> aspectos da súa
> >>>>> vida.
> >>>>>
> >>>>> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo,
> >>>>> son polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
> >>>>> intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
> >>>>>
> >>>>> 3. right to privacy  dereito á intimidade
> >>>>>
> >>>>> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. >
> intimidade.
> >>>>> SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns autores
> >>>>> particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo
> Termigal.
> >>>>> Fiabilidade baixa)
> >>>>>
> >>>>> 5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit     AQUI DECLARADO
> >>>>> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por el
> calcada
> >>>>> do alemán.
> >>>>>
> >>>>> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e
> >>>>> mesmo na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,..
> (claramente
> >>>>> falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía dicir
> >>>>> "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>>
> >>>>> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa
> >>>>> <roigonzalezvill...@gmail.com> escribiu:
> >>>>>>
> >>>>>> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da
> RAG
> >>>>>> é un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
> >>>>>> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
> >>>>>> palabras que non recollen no seu dicionario.
> >>>>>>
> >>>>>>
> >>>>>>
> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
> >>>>>>
> >>>>>> Saúdos.
> >>>>>>
> >>>>>> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora
> >>>>>> <fuertescachald...@gmail.com> escribiu:
> >>>>>>>
> >>>>>>> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a
> define
> >>>>>>> canto a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse
> coma a
> >>>>>>> condición de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun
> mesmo),
> >>>>>>> parello ao que en castelán chman privacidade.
> >>>>>>>
> >>>>>>> Que vos parece?
> >>>>>>>
> >>>>>>> Saúde.
> >>>>>>>
> >>>>>>> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata
> >>>>>>>> hoxe.
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Como traducimos isto?  Privacidade ?
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no
> >>>>>>>> Digalego. En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma
> sempre.
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Privacy Policy → Normas de privanza
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> e fai parella con Security → Seguranza
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un
> resgate
> >>>>>>>> case medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un
> >>>>>>>> castelanismo que parece provir de América latina (onde nace
> «privacidad»).
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> O calco directo español de privacy é privacía.
> >>>>>>>>
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo»
> >>>>>>>> porque vén do léxico xurídico.
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> Opinións?
> >>>>>>>>
> >>>>>>>> _______________________________________________
> >>>>>>>> proxecto mailing list
> >>>>>>>> proxecto@trasno.net
> >>>>>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >>>>>>>>
> >>>>>>>
> >>>>>>>
> >>>>>>>
> >>>>>>> --
> >>>>>>> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás
> >>>>>>> seguintes institucións:
> >>>>>>> - Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
> >>>>>>> - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo,
> ten a
> >>>>>>> obriga de nos defender):
> >>>>>>> sxpl.secreta...@xunta.es
> >>>>>>> Moitas Grazas.
> >>>>>>>
> >>>>>>> _______________________________________________
> >>>>>>> proxecto mailing list
> >>>>>>> proxecto@trasno.net
> >>>>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >>>>>>>
> >>>>>>
> >>>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>> _______________________________________________
> >>>> proxecto mailing list
> >>>> proxecto@trasno.net
> >>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>> _______________________________________________
> >>>> proxecto mailing list
> >>>> proxecto@trasno.net
> >>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >>>>
> >>>
> >>>
> >>> _______________________________________________
> >>> proxecto mailing list
> >>> proxecto@trasno.net
> >>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >>>
> >>
> >
> >
> > _______________________________________________
> > proxecto mailing list
> > proxecto@trasno.net
> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a