Concordo totalmente con Leando. «privacity» non existe no glosario inglés. Polas buscas que fixen, paréceme que é un erro por tradución incorrecta de castelá > inglés .
O 19 febreiro 2016 12:32, Manuel X. Lemos <mxle...@openmailbox.org> escribiu: > > Un pequeno inciso, sobre o termo «adxuntar» non é que falte (adxunto si > está por exemplo), falando da xerga informática, xa temos termos como > «achegar» e os sinónimos «anexar» e incluso «xuntar». > > > O 19/02/16 03:25, Roi González Villa escribiu: > > Deches aberto os PDFs? Eu non. > > Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras, que > como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e > responderon nun día ou dous. <suxesti...@portaldaspalabras.org> > suxesti...@portaldaspalabras.org > > Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como > «adxuntar», «nominación», «redirección». > > Saúdos > > O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu: > >> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis: >> >> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto. Fíxate >> que o preceden de asterisco >> >> >> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu >> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da >> súa vida. >> >> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo, son >> polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade. >> >> >> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la >> intimidad Pt. direito à reserva da intimidade >> >> 3. right to privacy dereito á intimidade >> >> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. > >> intimidade. SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns >> autores particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo >> Termigal. Fiabilidade baixa) >> >> 5. *Privatheit *privacidade / Öffentlichkeit AQUI DECLARADO >> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por el calcada >> do alemán. >> >> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e >> mesmo na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,.. >> (claramente falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía >> dicir "intimidade", seguramente por contaminación do castelán) >> >> >> >> >> >> >> >> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa < >> <roigonzalezvill...@gmail.com>roigonzalezvill...@gmail.com> escribiu: >> >>> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG é >>> un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras. >>> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar >>> palabras que non recollen no seu dicionario. >>> >>> >>> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal >>> >>> Saúdos. >>> >>> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora < >>> <fuertescachald...@gmail.com>fuertescachald...@gmail.com> escribiu: >>> >>>> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define >>>> canto a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a >>>> condición de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo), >>>> parello ao que en castelán chman privacidade. >>>> >>>> Que vos parece? >>>> >>>> Saúde. >>>> >>>> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome < <cert...@certima.net> >>>> cert...@certima.net>: >>>> >>>>> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata hoxe. >>>>> >>>>> Como traducimos isto? Privacidade ? >>>>> >>>>> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no >>>>> Digalego. En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre. >>>>> >>>>> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para >>>>> >>>>> Privacy Policy → Normas de privanza >>>>> >>>>> e fai parella con Security → Seguranza >>>>> >>>>> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate >>>>> case medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un >>>>> castelanismo que parece provir de América latina (onde nace «privacidad»). >>>>> >>>>> O calco directo español de privacy é privacía. >>>>> >>>>> >>>>> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo» >>>>> porque vén do léxico xurídico. >>>>> >>>>> Opinións? >>>>> >>>>> _______________________________________________ >>>>> proxecto mailing list >>>>> proxecto@trasno.net >>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto >>>>> >>>>> >>>> >>>> >>>> -- >>>> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás seguintes >>>> institucións: >>>> - Valedor do Pobo: <http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64> >>>> http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64 >>>> - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a >>>> obriga de nos defender): >>>> sxpl.secreta...@xunta.es >>>> Moitas Grazas. >>>> >>>> _______________________________________________ >>>> proxecto mailing list >>>> proxecto@trasno.net >>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto >>>> >>>> >>> >> > > > _______________________________________________ > proxecto mailing > listproxecto@trasno.nethttp://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto > > > > _______________________________________________ > proxecto mailing list > proxecto@trasno.net > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ proxecto mailing list proxecto@trasno.net http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto